martes, 9 de agosto de 2016

GRANDES FESTAS DO MES DE AGOSTO NA REXIÓN DO BIERZO,


FESTAS DE AGOSTO NA REXIÓN DO BIERZO NO ANO 2016
por Xabier Lago Mestre.
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo,
falaceibe@yahoo.es
www.bierzofree.blogspot.com

ROMARÍA DA COSTA DO PEREGRINO. 

Dende a ermida de Camponaraia sae, o primeiro domingo de agosto, unha romaría con pendois para a cercana costa do peregrino. No alto do outeiro se fixo unha ermida para acoller aos camiñantes. Tódolos anos se celebra esta romaría e ao final ten lugar un xantar onde reina a paella xigante do gusto dos asistentes.

FESTAS REXIONAIS O PRIMEIRO FIN DE SEMANA.

En Cabeza de Campo, na ribeira do río Selmo, celebran a festa da Imaculada para os días 31 de xullo e até o 2 de agosto. A localidade de Paradiña, na Somoza, traslada as súas festas tradicionais de Santo Tirso e San Xulián para o verán (31 de xullo e 1 e 2 de agosto de 2015). Pereda de Ancares ten as festas para os días 4 e 5 de agosto. A  vila de Corullón festexa os días 31 de xullo até o 2 de agosto. Viladecaes celebra o Sagrado Corazón (31 ao 2 agosto). Festas de verán en Fabeiro (31 ao 2 de agosto). O barrio de Torenillo organiza a festa da Troita (31 ao 1 de agosto). A Virxe das Neves festéxase en Páramo del Sil (7 ao 9 de agosto de 2015). Acordamos o dito popular: "Pola virxe das Neves (5 de agosto), o sol é máis breve". Almagarinos celebra a festa de San Pedro Advíncola (8 de agosto de 2008) con asistencia dos pendois da contorna de Bembibre. Onamio festexa do 5 ao 9 de agosto de 2016. Robledo de Traviesas honra ao Salvador (5 ao 7 de agosto de 2016).  



OUTRAS FESTAS LAICAS.

Carracedo aproveita a presenza do seu mosteiro para celebrar a Medieval (5 ao 8 de agosto) con actividades relacionadas coa Idade Media. Tamén Albares de la Ribera organiza o seu festival medieval (8 de agosto), onde non faltan os títeres e cea comunitaria. A localidade de O Espino ten a súa feira do 9 agosto adicada á artesania e agroalimentaria. Festa Mozárabe de Peñalba para o 1 de agosto de 2015. Cacabelos organiza Ludus Bergidum Flavium, festas de recreación romana (31 ao 2 de agosto de 2016), onde non faltan os desfiles de lexionarios, bailes e xantares.  
Lillo do Bierzo recupera a malla tradicional para o 8 de agosto. Semana cultural en Matarrosa (10 ao 16 de agosto de 2015) con conferencias varias. Tejedo de Ancares ten a festa do Turista para os días 13 e 14 de agosto. As Noites Medievais tamén no castelo de Cornatelo (28 ao 30) con actividades históricas de todo tipo, asalto ao castelo, marchas nocturnas, mercados, loitas. Villar de los Mundos se celebra nos pobos de Salas, Villar e Lombillo para abrirse ás culturas do mundo (28 ao 31 de agosto de 2015).O  XV Festival de Gaitas ten lugar en Toural dos Vaos o 6 de agosto de 2016.



FESTAS BERCIANAS PARA A SEGUNDA FIN DE SEMANA DE AGOSTO.

Toural de Meraio honra ao Salvador (5 ao 9 de agosto), salientamos a canciois de rondas típicas desta localidade. Outro tanto acontece con Priaranza do Bierzo. Virxe das  Neves na localidade Susaña del Sil (5 ao 7 de agosto). Portela de Aguiar (8 agosto) ten torneo de bolos locais. Vilaboa-Villabuena honra ao S. Xusto (5 ao 7 de agosto). Quilous celebra s. Lorenzo (8 ao 10 de agosto). Cadafresnas por S. Vicente (6 ao 8 de agosto). Tombrio de Abaixo celebra Santo Domingo, con romaría o 8 de agosto até a ermida milagreira. A localidade de S. Lorenzo, preto de Ponferrada, festexa a súa festa para o 10 de agosto. San Pedro Mallo celebra a súa festividade para os días 7 ao 9 de agosto. Valdelaloba, no concello de Toreno, tamén conta con festa. Espinoso de Compludo celebra a festa en honra de San Mamede (7 ao 9 de agosto) onde destaca a bendizón dos panes. Otero de Ponferrada celebra a 1ª edición da festa do Medio Rural para o 20 de agosto de 2016 que trata de xuntar a todas as localidades do concello con desfile de pendois. Teixedo de Ancares celebra torneo de bolos para as súas festas do 12 de agosto de 2016.

VIRXE DA MADALENA.

Destacamos as festas na Veiga de Valcarce, primeiro A Madalena (7 ao 9 de agosto) e despois S. Roque (16 de agosto). Paradaseca desfruta da festa da Madalena (7 ao 9 de agosto) onde de seguro non faltan os xogos dos bolos. 


FESTAS DA NOSA SEÑORA E SAN ROQUE.

Comezamos con Naraiola, onde salientamos a súa ronda de adegas. S. Roque tamén se celebra en Villablino. Pardamaza ten S. Roque (14 ao 17 de agosto). O barrio de Fontesnovas únese a estas celebraciois coa súa famosa e popular sardiñada. A localidade de Moreda organiza concertos de música rock. Tamén acontece o mesmo en Cacabelos. Na cidade de Ponferrada celébrase o voto de S. Roque pola súa proteción ante a peste, hai reparto de racimos das primeiras uvas entre os viciños. 

O asolagado pobo de Posada del Río, na ribeira do encoro de Bárcena, tiña festa para S. Roque. Grandes festas tamén en Noceda, na conca do Boeza, coa romaría da Virxe das Chanas (15 de agosto de 2015). Outro tanto acontece coa capital de Torre do Bierzo e Valtuille de Enriba amén festexan eses patrois. Paradela do Rió, barrio A Veiga, perto de Toural dos Vaos, celebra S. Roque. No concello de Ponferrada temos a aldea de Bouzas que organiza festas para o 15 e 16 de agosto de 2015, ao igual que Villanueva de Valdueza e Manzanedo de Valdueza.  Palacios de Compludo posúe as mesmas festas. A Ponte de Domingo Flórez ten festas para 14 até o 17, onde celebran a festa da empanada. 


A vila de Molinaseca, en pleno camín de Santiago, adica as festas a Nosa Sra. das Angustias (14 ao 17 de agosto de 2015). Torneos de bolos na capital municipal de Oencia (10 ao 16 de agosto). Pobladura de las Regueras ten festas do 13 ao 16 deste mes en honra da Nosa Sra. da Asunción. Matachana festexa tamén S. Roque. Langre celebra Nosa Sra. e S. Roque (13 ao 16 agosto). San Andrés das Pontes honta á Virxe (25 de agosto de 2008) con asistencia de pendois comarcais.

O Val de Fornela adica a festa á Virxe de Trascastro (15 de agosto). Nas súas coñecidas danzas fornelas participan os viciños de Peranzais, Chan e Trascastro.  Peranzais celebra festa dos días 10 ao 17. Non podemos pasar por alto a romaría de Fombasallá (15 de agosto) onde suben moitos romeiros de Vilafranca, Cela e pobos limítrofes.

Salas de los Barrios celebra a 8ª de San Roque (15 e 16 de agosto de 2015). San Xoán de Palozas ten festas da Nosa Sra. e S. Roque para o 14 e até o 16. Paradasolana festexa o 15 de agosto. Palacios de Compludo ten torneo de bolos na súa festa patronal do 15 de agosto.


FESTA DE SAN BARTOLO.

En Quintela de Barxas (23 e 25 de agosto de 2015), Valdefrancos no val do río Oza, no concello de Ponferrada. Guimara, no val de Fornela, tamén celebra estas festas. San Miguel de las Dueñas celebra s. Bernardo para o 20 de agosto, onde celebran a subida do boi, moneco que reparte viño entre os viciños e xogan aos bolos galegos. Mentres que o domingo 23 teñen a salientable festa dos allos. Noceda tamén celebra S. Bartolo, onde hai carreira de burros. Valle de Finolledo ten festas para o 21 e 23 de agosto. Carracedo do Mosteiro celebra S. Bernardo (20 ao 23 agosto de 2015). Ferradillo ten festas de S. Bartolomé (20 ao 23 de agosto), onde organizan unha carreira de montaña. Soutelo celebra S. Bartolo (24 ao 25).

OUTRAS FESTAS DE FINAIS DE AGOSTO.

Turienzo Castañero celebra festas s. Pelaio para o 20 e 23 de agosto de 2015 con asistencia de pendois de localidades viciñas. Mentres que Fresnedo conta coas do Cristo (21 ao 23 de agosto).  Cueto-Coto ten festas para o 21 e 15. En Vilasinde, xunta a Veiga de Valcarce, festexa Santa Lucía (21 ao 23 de agosto). E Viñales, xunto a Bembibre, adica cinco días  de festa en honra de S. Antolín (26 ao 30). A aldea de Cela celebra S. Martín para os días 21 ao 23 de agosto de 2015. Valle de Finolledo festexa para os días 27 ao 28 de agosto de 2016.



FESTIVIDADES NAS COMARCAS LINDEIRAS.

Na bisbarra da Cabreira salientamos Benuza (31 ao 1 de agosto), Marrubio (1 e 2 de agosto de 2015 en honra de S. Esteban, Iruela (1 e 2 agosto) con S. Antonio.  Festa do Turista en LLamas de Cabreira (2 de agosto de 2015). Romaría da Virxe de Viforcos (26 ao 30 de agosto de 2015) en Quintanilla de Losada. Robledo de Losada festa do Sto. Cristo (21 ao 23 de agosto de 2015). Encinedo honra a S. Mamet (11 de agosto). Quintanilla de Yuso do 10 ao 13 de agosto de 2016. Castro ten festas de S. Salvador e Madalena do 4 ao 6 de agosto de 2016. La Baña honra aos santos Xusto e Pastor para os días 10 ao 13 de agosto (2016). Truchas con festas do 6 ao 8 de agosto de 2016. 

Nos lindeiros do Bierzo polo leste temos A Silva que celebra S. Lorenzo (8 ao 11 de agosto) e Brañuelas coa Nosa Señora (15 agosto).

FESTAS NA BISBARRAS VICIÑAS DE GALIZA.

En Valdeorras hai a festa das Covas, non relixiosa, ten lugar en Vilamartín de Valdeorras o 1 de agosto de 2015.  Celebraciois non relixiosas son as chamadas festas de verán de A Rúa (7 e 9 de agosto), onde hai piraguas no seu encoro. A isto hai que engadir a 2º Bacofesta, recreación histórica de tipo romana, con desfiles de viciños disfrazados de época (14 ao 16 de agosto) xunto á ponte da Cigarrosa. II Festa romana Quiroma (22 de agosto) con lexiois, mercado e xantares. Montefura tamén celebra as súas festas romanas na mesma data aproveitando as súas explotaciois auríferas. A capital de Rubiá tamén festexa S. Bartolo (23 e 24 de agosto).

A localidade de Somoza festexa S. Lourenzo. Feira mensual de Viloira, xunto ao Barco de Valdeorras, cada día 6. A vila da Rúa vella tamén celebra S. Roque. Na localidade de A Portela celebra S. Vitorio para finais de agosto. Vilanova ten A Asunción o 15 de agosto. O municipio de Vilamartín ten festas en Arcos (S. Lorenzo o 10 de agosto) e Portela (S. Xulián o 15 agosto). A aldea de Hospital conta coas festas de S. Bartolomé (22 ao 24 de agosto), onde hai carrilanas e xogos de bolos. 


En Pobra de Trives recuperan o seu Entroido de Verán, coa Mostra do Patrimonio Inmaterial, para que os viciños emigrantes desfruten da súa festa de inverno de máis sona.  Ademais a Pobra ten festas en honra de S. Bartolomé (23 ao 24 de agosto). Festas de Verán en Quiroga (7 ao 9 de agosto). No concello de Larouco temos Freixido que celebra Santa Bárbara para o 15 de agosto. A Nosa Sra. das Neves é festa en Manzaneda (7 e 8 de agosto).  Festa da Vica en Pobra de Trives (2 de agosto). 

No concello da Carballeda temos festas de S. Xil (31 agosto) en Casaio e S. Cosme e S. Damián (12 e 13 agosto) en Casoio.  A capital de Rubiá celebra s. Bartolomé (25 agosto). San Xil festéxase en Casaio, na Carballeda de Valdeorras, do 31 ao 2 de setembro.

O 2 de agosto ten lugar o Fiandón de Músicas do Courel, en Ferraría de Seoane, con gaiteiros, cantares, contos e demais. Folgoso do Courel festexa a Virxe do Carme para os días 18 e 19 de agosto. Na lonxana comarca de Quiroga lembramos as festas en Soldón de Seara (22 agosto), Santa Isabel (3 e 4 de agosto) en Orxais-Soan e Vilar de Lor, S. Ciprian en Parteme (12 de agosto), S. Bartolomé en Hospital (24 de 25 de agosto), Nosa Sra. da O en Vilaster (15 de agosjto), S. Xoán das Farrapas en Bendilló (28 e 29 de agosto), O Cristo en Bendollo (22 e 23 de agosjto), A Asunción en Fisteus (15 de agosto), romaría de Virxe dos Remedios en Vitorio e A Hermida (7 ao 9 de setembro), Xoan das Farrapas en Bendilló (29 de agosto).



A festa da comarca de Sahagún ten lugar o 7 de agosto de 2016.

FESTAS NAS TERRAS DE LEMOS E MAILO BOLO.

Máis lonxe polo oeste temos as festas de Monforte de Lemos, en honra da Virxe de Monserrat (11 ao 16 de agosto). En Espasantes celebran a Virxe dos Remedios (7 ao 9 de setembro). A Pobra de Brollón ten para o 27 de agosto a romaría de S. Vitorio na parroquia de de Saa. Outras festas neste concello de Pobra do Brollón son: Vilachá de Salvadur onde celebran a festa da Seitura do centeo (8 de agosto). barrio da Estación en Pobra de Brollón (19 de agosto), S. Bartolomé en Eixón (27 e 29 de agosto), Santa María de Saa (do 15 ao 16 de agosto), Santa Lucía en Abrente (do 5 ao 7 de setembro). Ramón en Salcedo (30 a 1 de setembro). A Pobra do Brollón celebra feiras os días 11 e 25 de cada mes, mentres que no barrio da Estación é o día 2.


  Na bisbarra do Bolo, preto da vila de Viana, nas aldeas de Punxeiro e Quintela do Pando celebran a festa da Malla (9 de agosto). Nas Ermidas festexan s. Roque. No concello da Veiga en Prada salientamos a romaría do Cristo da Ascensión (8 de agosto) de grande fervor popular na contorna. Outras festas da bisbarra son: Sta. María de Xares (18 de agosto), Santo Andrés de Requeixo (22 agosto), S. Roque de Castromao (16 agosto), As bagoas de S. Lorenzo  na Veiga (12 agosto), Santo Esteban de Prado (20 de agosto), S. Miguel de Carracedo (27 de agosto) e S. Lorenzo en S. Lorenzo (10 agosto). Viana do Bolo celebra xornadas de folclore local (11 ao 16 de agosto). O Bolo ten festas para A Asunción (15 agosto). A aldea de Xares, no concello da Veiga, celebra festas para o 18 e 19 de agosto. 
A REXIÓN DO BIERZO, AGOSTO DE 2016.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario