venres, 2 de outubro de 2026

OUTRO PREITO ENTRE PONFERRADA E LEÓN EN 1654.

LIBRERIAQUIÑONES.COM

 

OUTRO PREITO ENTRE PONFERRADA E LEÓN EN 1654,

Por Xabier Lago Mestre.

Ao longo da historia moderna temos atopado varios documentos que demostran que as relaciois entre León e Ponferrada non foron boas. León tiña a representación en Cortes do principado de Asturias e da provincia do Bierzo, sobre os cales exercía o seu centralismo administrativo. E, por suposto, estes dous territorios en numerosas ocasiois protestaron sobre o exercicio do poder leonés asoballante. Neste caso atopamos un documento no arquivo municipal de León, de 1654, dun preito entre Ponferrada e León que pasamos a comentar.

                A mediados do século XVII había unha crise peninsular por diversos motivos, guerras internacionais e internas, malas colleitas, climatoloxía adversa, imposición fiscal de máis, etc. Daquela Ponferrada, como capital da provincia do Bierzo, e León, capital do reino, tiveron un conflito pola grande cantidade de maravedís para o sostemento do servizo militar dos infantes que a segunda demandaba á primeira. No repartimento de cartos, Ponferrada alega “notorio agravio” á vila por pedirlle en exceso dende a chaira. Ademáis, quéixase de que no dito repartimento conxunto deixa fóra á Cabreira que reclama como “la merindad de Cabrera del partido de Ponferrada”, polo que toca pagar máis entre menos territorio e veciños.



Respeito ao procedemento de reparto territorial dos maravedís por León, Ponferrada comenta que non se contou coa súa participación, “para que asista a el uno de sus capitulares y no se haga agravio a este partido, lo qual la dicha ciudad no executa, antes en contravención de la dicha costumbre”. Os abusos administrativos de León continúan, “hace repartimientos por menor (por localidades) en el dicho partido de Ponferrada”, ademáis de, “enviando executores a los lugares del”. Teiman os bercianos en que “se hace agravio a la dicha villa sus partes, sino que recivieron gravisimo daños los demas vasallos que se hicieren hallar molestados por lo caminos”.

Resulta que hai queixa berciana por ter que pagar á lonxana León, “porque el lugar más apartado de la dicha villa mi parte, no dista como legua, y la dicha ciudad (León) está distante de la dicha villa mi parte diez y siete leguas, de suerte que los executores vienen a causar grandes costas”. Os executores realizaban a recadación impositiva, traballo xestor que había que pagarlles tamén. O ter que pagar en León polos bercianos foi demanda constante, polas dificultades de levar os cartos tan lonxe e atravesar dous portos coas súas dificultades orográficas e climatolóxicas.



Outro apuntamento destes abusos fiscais é o que se refire aos temores dos bercianos á xustiza do Adiantamento de León (tribunal señorial), “tienen tantos temores que de ninguna manera se atreven a rreclamar ni a representar su agravio de que resultan los grandes que se han hecho y hacen a su parte dignos de que se ponga un remedio conveniente”. Este tribunal rexional actuaba nos lugares de señorío, tan abundantes na nosa provincia, e pasou de ser itinerante (con sede en Vilafranca) a centralizarse na capital leonesa no século XVII.

Dende a vila do Sil denuncian o maltrato institucional indebido por León, “siendo como es la dicha villa cabeza de partido y tan antigua y principal”. Caso concreto, a remesa de emisarios dende León, “la envian hordenes por un beredero como se hace con qualquier aldea y poniendo en lo despachos no acostumbrados a villa de santo ilustre y tan decorosa, resultando en mucho desprecio de la dicha villa mi parte”. Porque Ponferrada alega que “siempre se le ha tratado con la cortesia devida a que se acomtumbra con las demas villas y ciudades destos reinos que son caveça de partido”. Está ben clarexo que Ponferrada reclama a León un trato distinguido segundo a súa categoría (vila reguenga e cabeza de provincia).



Máis adiante lemos a reclamación de rebaixa do importe do pagado, “el repartimiento de los tres mil ducados que se hiço a la dicha villa en este presente año se moderese a mil doscientos ducados que es lo que es lo que se puede tocar”. Outro pedimento é que a dita vila faga os repartimentos en todo lugar, “sin que la dicha ciudad de León pueda desmembrar a Villafranca y a las demás referidas en la forma en que se acostumbraba”. Xa se sabe, en conxunto páganse mellor os impostos que por separado.

León non trata co respeito debido a Ponferrada. Velaí que a vila berciana diga que “se mande que la dicha ciudad no haga ningún rrepartimiento a la dicha villa mi parte, sin haverla citado primero”, por suposto, para negociar o pago. Ademais, “y hallándose presente uno de sus capitulares como se ha hecho otras veces”, porque O Bierzo quere mandar os seus representantes a concretar as cantidades debidas. Esta forma máis democrática de negociar o pago de impostos foi criticada por León, “que no había sido necesario esperar regidor ni diputado suyo para el dicho repartimiento ni nunca se había estilado, y que se habría obrado con ella como con las demá villas lugares de la dicha sargentía”. León non quere recoñecer que Ponferrada é cabeza da provincia y isto significa un trato diferente.



Ponferrada póñese dura cando comenta que “y el corregidor de la dicha villa prenda a los ejecutores que en su partido procedieren a cobranzas en virtud de hórdenes de la dicha ciudad”. O maltrato institucional de León queda de manifesto cando lemos que “y que no se entrometan en enviar hordenes sino es con la decencia y cortesia que se debe”. A superioridade xerárquica de León neste tema parece que se manifesta nos seus escritos cando Ponferrada se queixa polos seus contidos ofensivos.

Por suposto, o preito ten muita máis información histórica de interese para comprender as relaciois institucionais entre Ponferrada e León, mais este non é un espazo para o estudo polo miúdo. Dicir que o preito foi gañado por León. A Coroa e a súa xustiza sempre defendía as causas centralizadoras das cidades con representación en Cortes. A razón era clarexa, os monarcas necesitaban de León para recadar os cartos públicos e non ia prexudicar os seus intereses económicos ante as protestas dos vasalos da pequena vila de Ponferrada e da provincia do Bierzo.

O Bierzo, agosto de 2026

VOLTAN OS IRMANDIÑOS AO BIERZO.

 

libreriacajondesastre.com


VOLTAN OS IRMANDIÑOS AO BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre.

En Ponferrada temos dúas recreaciois históricas, a saber, os templarios no verao e os irmandiños no outono. Máis aló do maior ou menor seguimento popular destas representaciois está a valoración que fan dos feitos históricos recoñecidos. Por iso non está mal que aproveitemos a ocasión para recuperar un pouco da súa historia que as ditas teatralizaciois tenden a idealizar no século XXI.

                Polo que toca aos irmandiños. Foi unha revolta popular integrada por fidalgos, campesiños, artesaos… que se rebelaron contra os abusos dos señores de vasalos (1467-69). Na metade do século XV ditos señores pelexaban entre si pola hexemonía territorial na Galicia. No caso do Bierzo as desputas entre os Lemos e os Benavente, que controlaban Los Barrios de Salas, foron constantes. Ademais, os condes de Lemos señoreaban esta rexión e tentaban controlar tamén os poderes monásticos (Carracedo e Espiñareda). A debilidade do poder da Coroa axudaba a este contexto señoril tan belicoso.

                Os irmandiños galegos declararon os seus inimigos aos grandes señores. Velaí a persecución que fixeron ao conde de Lemos, don Pedro, o cal fuxiu de Galicia para o seu castelo de Ponferrada. Resulta curioso comprobar como os territorios estremeiros de Galicia estiveron vinculados á revolta irmandiña. No ocidente asturiano, o historiador Vasco de Aponte, informa que o capitán Pedro Osorio tivo apoio de fidalgos galegos e asturianos de Navia e Burón. Polo que se refiere ao sul, na comarca da Seabra o IV conde de Benavente, Rodrigo Alfonso Pimentel, atacou aos irmandiños na localidade de Cobreros, o tal señor “mando poner fuego al lugar, y que todo se quemó y que quedaron perdidos” (Isabel Beceiro Pita). Outro tanto aconteceu en Valdeorras e O Bolo, pois os seus castelos (O Castro e O Bolo) foron atacados polos irmandiños locais, segundo Isidro Garcia Tato.



                No Bierzo tamén houbo irmandiños, concretamente a documentación do mosteiro de santo Andrés de Espiñareda relata certos deses sucesos. Lemos, “estando el concejo, juez e omes buenos de terra de San Andrés d´Espinareda, paresçio don Ares, abbad del dicho monasterio de Sant Andrés, et dixo que como mejor podía e devia como señor de la dicha terra requeria et defendia a los dichos consejo e omes buenos que non entrasen en la hermandad sin su licencia e que presto era de faser e dar licençia para todas las cosas que fuesen servisyo de Dios, e de nuestro senor el rey et de su monasterio e del señor conde de Lemos”. Vemos pois que o abade trata de evitar que os seus vasalos se integren na irmandade sen a licenza dos señores (xaneiro de 1467). Sen embargo outros escritos reafirman a presenza de irmandiños bercianos nesa zona. Tamén houbo outro núcleo irmandiño en Arganza. Eiquí o fidalgo Alvaro Sánchez atacou aos Lemos en Ponferrada, mais foi apresado e morto polos condais (Fco. González González).  E logo temos os ataques a castelos bercianos do conde de Lemos.

                Pola outra banda, sabemos dos seguidores bercianos do vello conde. O historiador galego Carlos Barrios, inforrma da alianza dos rexidores dos concellos de Ponferrada, Cacabelos e Vilafranca co conde de Lemos. Todos eles acudiron á “Junta General de la Santa Hermandad de Madrigal” (febreiro de 1468) para pedir o seu apoio castelao. Esta institución castelá se aliou co conde de Lemos, por exemplo no recrutamento de tropas e maila defesa dos seus castelos. Non podemos pasar por alto o control que exercía o conde de Lemos nos concellos das vilas bercianas, integradas e sometidas no seu amplo señorío territorial.



                A presión irmandiña foi tan grande en Ponferrada que o conde de Lemos tivo de fuxir para León, onde procurou apoios. Alí vendeu as xoias na xudería para mercar apoios bélicos. Tamén estableceu un acordo co seu inimigo, o futuro marqués de Astorga. O conde recoñeceu que se viu forzado nesta alianza estratéxica, “haría donación (de Chantada e Sarria) quel marques le pedía por librarse de el y que cesasen las armas, mas que la haría forçado y contra su voluntad” (setembro de 1467). Nesta política de alianzas entra tamén o seu casamento con María de Bazán, emparentada cos condes de Quiñones e Valdorna (León)

                Por suposto, as forzas señoriais, expulsadas de Galicia, ben que se organizaron para facer o contraataque. Así estableceron varias frontes para atacar. Unha delas penetrou dende León co conde de Lemos e quizais o marqués Pardo de Cela de Mondoñedo. Outra fronte, partiu dende Salamanca co arzobispo Alonso II de Fonseca e os do conde de Benavente, e entrou por Seabra e sul de Ourense. A última penetrou dende Portugal comandada por Pedro de Madruga. Por suposto estas forzas señoriais tiñan todas as de gañar. O exército irmandiño non era profesional, e para manterse dependía do seu traballo agrogandeiro que non podía abandonarse por muito tempo. Mentres que os señores tiñan recursos de máis, cartos propios e financiación allea, para armar o seu exército mercenario, ademais dunha grande alianza da alta nobreza xamais coñecida.

                Trala derrota irmandiña, os señores principiaron a represión sobre os seus vasalos. A xustiza señorial foi dura para cos subordinados. Velaí as obrigas de servicias para realizar traballos persoais na reconstrución dos castelos derrubados. A posición de debilidade dos vasalos foi aproveitada para facer máis presión fiscal sobre eles. Ademais, trala vitoria señorial voltaron as desputas entre a alta nobreza, caso dos condes de Lemos e de Benavente. Os vasalos sufriron as consecuencias desta nova conxuntura belicosa. Houbo que agardar ao triunfo dos Reis católicos para que xustiza real impuxera outra orde, apoiada pola chegada de oficiais remesados dende Castela (alcalde maior, correxidor, etc).

O Bierzo, outubro de 2026.

luns, 7 de setembro de 2026

A REVOLTA DOS PENDONEIROS DO BIERZO.

 


A REVOLTA DOS PENDONEIROS,

Por Xabier Lago Metre.

O poder sempre trata de exercer o control sobre os subordinados. Dá igual que sexan os poderes económicos, políticos, deportivos, etc. A xestión do poder necesita acotío desa demostración de poderío para sobrevivir. Temos o recente caso dos pendois de san Froilán. A asociación de pendoneiros do reino de León quere impoñer novas regras de participación no desfile da festa de outubro.

                Agora din que que os pendoneiros deben vestir axeitadamente segundo o formalismo tradicional. Lemos na convocatoria de hogano, “uso do traxe rexional tradicional. En caso de non disponer de dito traxe se establece como alternativa o uso do pantalón negro, camisa branca e calzado escuro, os homes faxin”. E engaden a pretensión de “unha apariencia apropiada e coerente coa formalidade do evento”.  Quen non teña o traxe tradicional que o merque o que supón máis gastos para os coletivos culturais. Agora ben, qué é iso do traxe rexional? É único ou valen os traxes antigos comarcais e locais? Só os organizadores saben o que pretenden e valoran o verdadeiro traxe rexional.



                Pola outra banda, os organizadores din que nesta nova decisión sobre a vestimenta, están asesorados por expertos. Supoñemos que se refíren a historiadores, etnógrafos e leonesistas en xeral. Muitos deses inteletuais de cadeira e depacho por suposto non levan pendois. Por iso falan dunha vestimenta tan incómoda para os verdadeiros protagonistas. Un pendoneiro necesita muita comodidade para manter ergueito o mastil, procurar a cadencia do movemento, resistir o empuxe do vento, bailar con xeito, etc. Mais o mandamases só pretenden a uniformidade dos pendoneiros. Non lles gustan esas variadas camisetas que fan referencias ás distintas localidades da provincia que con orgullo levan os portadores e axudantes.

                Por todo o dito, hai unha revolta popular contra a decisión dos mandamases da cidade de León. Todo semella un exemplo máis do centralismo capitalino coa provincia. En vez de forzar aos pendoneiros a ter máis gastos que procuren novos ingresos, públicos e privados, para manter os coletivos locais. Non lles basta a eses dirixentes das esencias leonesas con establecer as regras, porque hai que impoñelas aos demais. Muitas pequenas localidades luitan por manter os seus pendois locais con especial esforzo coletivo. Os pendoneiros máis alonxados de León, caso dos bercianos, teñen de facer grandes gastos económicos para levar os seus pendois até a capital (veículos grandes, quilómeros de estrada, madrugois…) . Mais isto non o valoran na chaira leonesa. O importe é que todos vaian ben uniformados para realce da vella capital do reino.



                Este peculiar centralismo cultural leonés vén de lonxe. Recordamos que a capital leonesa durante séculos concentrou o patrimonio cultural nos seus museos (acaparación?). Por certo, houbo un museo das identidades de León que agora se chama museo dos pobos leoneses, referímonos ao museo etnográfico. Curiosos estes continuos trocos de nomes, todo sexa por evitar recoñecer as comarcas leonesas fronte á poderosa provincia de León que todo o engloba e uniformiza. E se falamos das linguas, galega e leonesa, non coido que o Instituto leonés de cultura, dependente da Deputación, vaia pasar á historia coma o grande defensor delas. Do pouco que ten feito polas linguas tradicionais, ben que fai polo leonés mentres para o galego só migallas dos seus cartos públicos. Por suposto, da posible descentralización da gestión cultural do galego no Consello comarcal do Bierzo, nada de nada. A Deputación quere controlar o destino do galego do Bierzo co mínimo apoio político. De cando en vez unha noticia e foto da súa restritiva política lingüística nun medio de comunicación provincial e traballo cumprido. Normal que non queiran descentralizar, así tamén compran vontades no Bierzo por medio das subvenciois. Algo que recorda o vello caciquismo provincial do século pasado.

                O Bierzo, setembro 2026.

mércores, 5 de marzo de 2025

O CONSELLO BERCIANO PROGRESA 2025

 

libro  El Bierzo Provincial

O CONSELLO BERCIANO PROGRESA,

Por Xabier Lago Mestre.

En marzo acontece un novo aniversario da aprobación do Estatuto do Bierzo mediante Lei de Cortes de Castela e León aló polo 1991. Para o 2026 serán xa 35 anos de maioria de idade institucional. Atrás quedan xa aqueles ataques ao Consello comarcal de tódalas partes. Os de esquerdas querían un previo plan comarcalizador para Castela e León. Os bercianistas dicían que era pouco recoñecemento institucional cando tiña sido provincia en dúas ocasiois (1486 e 1821). E os leonesistas non deixaban de criticar os intentos da Junta autonómica de dividir territorial e políticamente a súa provincia de León, xa saben iso de “divide e vencerás”.

                Convén recordar aqueles comezos cando non había nin sede para as xuntanzas cormarcais, aínda hoxe seguimos hipotecados cos alugueres do edificio mineiro. Por certo, houbo a petición de cesión do edificio da Deputación en Ponferrada, por suposto dixeron que non (1999). Xa van máis de 30 anos sen sede fixa apesares de tantas promesas oficiais foráneas de cofinanciamento. Por iso hai que agradecer sempre o traballo daqueles primeiros presidentes do Consello comarcal que traballaron pola nosa autonomía sen medios iniciais (Manuel Alonso e Rita Prada).



                Como era ben de agardar, houbo muito que negociar dende unha posición política de grande debilidade. Habia un Lei da Comarca con competencias expresas mais estas estaban nas mans da Junta autonómica e da Deputación leonesa. Como resulta lóxico, quen ten poder institucional non pretende soltalo. Aínda recordamos as resistencias dos presidentes da Deputación de León a ceder competencias ao Bierzo. O Agustín Turiel declaraba que se inhibía na posta en macha da Comarca (agosto de 1991), e o seu sucesor, José Antonio Diez dixo non querer transferir e abogaba incluso pola supresión del Consello comarcal (agosto de 1999).

                Por suposto a Deputación de León foi cedendo algo, concretamente o Servizo de asesoramento a entes locais (SAM) e o plan de pequenas obras rurais, e axuda a financiar o Banco de terras. Sen embargo a Deputación mantén as súas oficinas en Ponferrada que deberían ser xestionadas polo Consello comarcal. Outro tanto podemos dicir da Junta de CeL que fomenta diversas mancomunidades na rexión berciana cuxas competencias deberían ser asumidas polo Consello comarcal dende hai anos se houbera vontade política axeitada. Teimamos en que, tanto a Deputación coma a dita Junta, non van dar facilidades para a necesaria descentralización no Bierzo.



A Comarca do Bierzo executa outras competencias nas áreas de medio ambiente (desbroces de montes e limpeza de caminos), benestar social (proteción de menores, intervención familiar e drogodependentes), promoción económica (programa Leader, feiras, emprego, etc), atención ao cidadao (ventá única e rexistro), promoción turística, cultura, lingua galega, deporte, etc. Somos muitos os bercianos beneficiados coa prestación destes servizos públicos.

                 O Consello comarcal é unha institución tamén política que ten apoiado numerosas vindicaciois do Bierzo, recordamos as manifas mineiras, ferroviarias, sanitarias, económicas, etc. Ter unha institución propia que defenda as nosas demandas é importante. As veces non é doada a relación direta cos outros poderes foráneos, casos da Deputación e da Junta de Castela e León. Sempre terá máis representación e prestixio o presidente do Consello comarcal que calquera dos nosos alcaldes á hora de negociar a solución dos problemas locais.



                Muito tense debatido sobre a viabilidade do Consello comarcal. Sociolóxicamente ninguén nega que na cidadanía existe un sentimento coletivo mui bercianista. Velaí as súas diversas expresiois coma a identidade territorial, a defesa da bandeira Cruceira mentres a leonesa está ausente, a existencia de instituciois propias (Consello comarcal e xuntas veciñais), o Diazo (8 de setembro), mantemento da lingua galega, a conciencia provincialista histórica, etc. Dende León non se entende este complexo bercianismo xa que non existe nada semellante no resto de comarcas da súa rexión chairega. E de nada teñen servido os ataques foráneos para devaluar o susodito bercianismo político, institucional ou cultural, porque O Bierzo é unha marca simbólica de proxeción nacional.

O Consello comarcal segue xestionando políticas públicas, ademáis de fornecer o bercianismo territorial, institucional e simbólico. Cunha modesta política de negociación vai conseguindo, de xeito continuado, a sinatura de acordos marcos entre Junta de CeL e Consello comarcal que serven para financiar a asunción das súas competencias. Incluso está a piques de fixarse un novo acordo para as vindeiras datas deste 2025. Por suposto que este sistema de coperación non é o mellor para o funcionamento da Comarca porque hai exceso de dependencia financeira allea. Agora ben, sabemos que a institución máis poderosa (Junta CeL) é quen establece as regras deste xogo político no que estamos participando dende 1991.



Entendemos que o Consello comarcal nestes 34 anos de dinámica política está a progresar institucionalmente. De seguro que mellor sería ter xa a desexada provincia mais  tomamos experiencia política fronte a instituciois máis fortes (Junta e Deputación). Que ninguén dá autonomía ao Bierzo por nada, hai que sabela conquistar con presión e negociación. Mentres nos conceden a provincia ou a rexión, seguimos aprofundar no que ofrece o Estatuto do Bierzo coma fórmula política do autonomismo.

O Bierzo, marzo de 2025.

luns, 24 de febreiro de 2025

A IDENTIDADE BERCIANA A DEBATE DE NOVO

 

Libro El Bierzo provincial

A IDENTIDADE BERCIANA A DEBATE,

Por Xabier Lago Mestre.

No complexo mundo que nos toca vivir non hai nada máis problemático que debater sobre o tema das identidades. Cadaquén ten a súa, cultural, sexual, nacional, idiomática, etc. Os seres humanos necesitamos socializarnos en comunidades mais tamén do individualismo consumista. Por iso atopamos diversas identidades, deportivas, políticas, culturalis… Neste caso trataremos das identidades territoriais por mor do novo libro que vén de xurdir, trátase de “El Bierzo identidad propia”. O seu rechamante titular e o seu variado contido ben merece un comentario pola nosa parte.

                Por suposto este libro trata diversidad de temas cun interese divulgador, sen profundar en ningún de eles. Xa se sabe que cando abrangues muito deixas carencias. Non falta unha controvertida historia del Bierzo para comenzar. Un rápido percorrido que fala da provincia de Vilafranca do Bierzo mais deixa de lado a provincia do Bierzo do Antigo réxime. Mentres que a primeira existiu durante o Trienio liberal (1821-1823), a segundo tivo unha duración maior, desde 1486, en que a crean os Reis católicos, até a de Vilafranca. Semella lamentable que tan pouco signifique a provincia da Idade moderna para algúis escritores de hoxe. Por iso, el período moderno de tres séculos resulta ignorado no libro fronte a otros séculos posteriores.



Está claro que vive una dinámica histórica de descubrimiento de la primera provincia, e iso que se publicou el libro “El Bierzo provincial” onde se analiza esta institución provincial ben polo miúdo. En fin onde andarían algúis para no enterarse de que xa celebramos el Bicentenario da provincia de Vilafranca (1821), onde xurdiron os estudos das dúas dítas provincias bercianas. Por cierto, na bibliografía de este libro no consta a existencia del libro “El Bierzo provincial”, sería por falta de espacio físico.

O libro dito “El Bierzo identidad propia” toca todos los temas posibles. Velaí as localidades singulares, os bercianos ilustres e otras personalidades, produtos de calidade, museos do Bierzo, acerbo mineiro, cascatas e miradoiros, fauna e flora, industria, información turística, etc. En sociedades representativas faltan os partidos políticos bercianos que representan a tantos cidadáns cos seus votos democráticos. 



Por suposto a cultura popular non falta. Xurden as tradiciois populares (entroido, maios, matanza…), folclore (música, traxes…), literatura (contos, lendas, refraneiro…), xogos infantís, arquitectura rural, apeiros de labranza, gastronomía, etc. Eiquí temos de facer unha parada no capítulo titulado “Vocabulario, expresiones y refranes bercianos”. Non nos gusta que se refiran expresamente deste xeito, “Vocabulario propio y diferente según la zona, que contiene influencias diversas e intensas del asturleonés, el gallego y la aportación de los peregrinos del Camino de Santiago. Es llamado popularmente chapurreao o fala”.

Si sigue na rexión do Bierzo eses vientos e influencias lingüísticas inconcretas. Curioso, este libro está escrito en idioma castelao que non cita. No significa que los asturleonés y el galego sean meras influencias que no son lenguas concretas e definidas. Estamos ante a vella propaganda das mesturas idiomáticas que se convierten en “chapurreao o fala”. Será que con esa presunta fala se crea polos autores a perseguida identidade berciana. Reconocer que no Bierzo se fala galego dende a Idade media resulta peligroso para a mencionada teorización da identiade sociolóxica.



Outros entendemos a identidade berciana douto xeito na pluralidade. Recompilar ahora un vocabulario rápido sobre 90 palabras da presunta fala berciana non é grande cousa. Verbas antigas do medio rural que non teñen vida senón dentro de dos idiomas tradicionales.   Así non se dignifica o galego do Bierzo que temos dende o medievo. O galego dos tombos monásticos resulta ignorado por muitos. A nosa toponimia, hidronimia, antroponimia, etc están ben presentes aínda. Una literatura oral en galego resiste. O ensino do galego nos centros escolares sigue a medrar. A audiencia da tvgal non é tan escasa. Na internet tamén circula el galego berciano. Mais para algúis a lingua galega é de Galicia e mera influencia histórica no Bierzo. Por iso non forma parte de pretenciosa identidade do Bierzo que otros pretenden defender.

En 1989 editó uns relatorios sobre el Primeiro Congreso de Cultura berciana. Daquela nos seus textos podemos ler “¿A qué finalidad práctica pueden conducir (fuera del estudio filológico) unas resurrecciones lingüísticas, sea por el norte, sea por el oeste, que serían puro artificio y no una realidad anhelada por nadie ni utilizable con ventaja” (Ramón Carnicer). Respostamos a este escritor que por fuerte vontade coletiva muitos bercianos recuperamos o galego, coa vantaxe de podermos actualizar nuestra lengua tradicional no século XXI. O escritor vilafranquino tamén falaba de “y no los estrechos y alicortos localismos ni las querellas o afectos más o menos súditos y ocasionales con los vecinos de un lado o de otro, deberá orientarnos hacia la universidad”. Recordamos que co galego do Bierzo podes comunicar mejor na Galicia e incluso en Portugal, Brasil… o que favorece el internacionalismo. Traemos eses textos a colación de que ainda hoxe, en 2025, alguis amosan os seus prexuízos contra a lingua galega do Bierzo por cuestiones de ignorancia, política, elitismo… que non recoñecen a realidade plural histórica da nuestra rexión.

El Bierzo, febrero de 2025.

venres, 14 de febreiro de 2025

O LEONESISMO NON ENTENDE O BIERZO

 

Libro El Bierzo provincial

O LEONESISMO NON ENTENDE O BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre.

Non se pode negar que hai un sentimento leonesista entre os cidadaos da provincia. Velaí a convocatoria de sucesivas manifestaciois que consiguiron amplias movilizaciois sociais. Véndese ben esa mestura de vindicaciois económicas e políticas polos convocantes. Muitas proclamas, despoboación, poucas empresas, desemprego… e secesionismo político. Por certo esas concentraciois políticas sempre son na capital provincial, no resto de vilas semella non haber o desexado apoio social para manifas desa naturalza. ¡Todo para León sen as comarcas!. Algunos políticos profesionales ben que aproveitan o desafogo sentimental coletivo nesas mobilizaciois sociais para lexitimar as súas estratexias de confrontación permanente, sexa Castela, o pp, Valladolid, etc. 

Curiosamente na ciudad de León e na súa contorna produce una medre constante da su poboación, mientras que no resto da provincia continúa gravemente o despoboamento comarcal. ¿Onde se produce una mayor concentración de polígonos industriales, administraciones públicas, centros de comunicación? na mesma localización capitalina. Ejemplos todos del centralismo provincial (institucional, económico, demográfico…). Se pescudamos nas dinámicas eleitorais, vemos como o voto político leonesista xorde tamén na mesma contorna capitalina. Por más dos diversos pactos políticos leonesistas, existe un capital que enche inversiones públicas urbanas muy destacadas dentro del mapa provincial. 



El alcalde de León ejerce su protagonismo político junto a su xiro leonesista. Por iso contrato con cartos municipais un novo informe sobre una autonomía leonesa. Este edil trata de aprobar el sentimiento colectivo leonesista para reforzar a su coalición de gobierno inestable, además de reafirmar su cargo, tan cuestionado polo su partido, y finalmente, lexitimar a su candidatura ante as vindeiras eleciois locais.

Ese alcalde socialista de León parece competir con el leonesismo político de la Upl. Ámbolos dos partidos desputan o voto leonesista coas súas dispares propuestas de autonomía. Por iso crean políticas ilusiois sen xeito siempre que poden. A Upl apostata polo país leonés de tres provincias, ou polo León só, segundo pretenda un voto interprovincial aliado (autonómicos) ou non (municipais). Sen embargo, o rexidor leonés non deixa de mirar para el norte, sempre un favor da unión rexional de Asturias y León. Tampouco este edil deixa pasar por alto a mirada ao lonxano oeste. Si, de cando en vez chisca un olor para o revirado Bierzo. Ben sabe todo el leonesismo político que a falta del voto do Bierzo es un atranco para el utópico proxeto autonomista que persigue.



El puerto de Manzanal debe marcar as diferencias políticas y sociológicas. Ao leste prima o sentimento leonesista, mais para o oeste non pinta nada ante o bercianismo mayoritario. No Bierzo, non hai bandeiras leonesas, nin votos upeleiros, nin declaraciois municipais leonesistas de tipo secesionista, etc. Cando se proclama “León sólo sin Castilla”, eiquí resoa O Bierzo ceibe sen León. E de novo xorden as reclamaciois provincialistas para O Bierzo, ou de máis autonomía para o Consello comarcal. Por iso en León reaccionan de súper. Dende también condicionan a futura provincia del Bierzo á previa consecución para León del estatus de rexión autonómica. Otros leonesistas ofrecen la creación de dos distritos territoriales en la provincia, comandados en las ciudades de León y Ponferrada, y se reparten como sedes de las futuras instituciones autonómicas discrecionalmente.

No fondo, en León temen o autonomismo territorial berciano. Non queren que O Bierzo sexa de novo provincia, por iso devalúan as dúas provincias bercianas de 1486 e de 1821. Que se non houbo verdadeiras provincias, e alegan que foron meras divisiois territoriais ou a súa corta existencia secular. Claro, ante un poderoso reino leonés medieval ou a antiguidade da provincia leonesa de 1833, que pintan as ditas provincias bercianas?. Está todo ben planificado, denigrar el provincialismo histórico berciano para devaluar la calquera reivindicación autonomista de hoxe. Outro tanto acontece coa Comarca legal do Bierzo. Desde el leonesismo, esa Comarca ten servido para dividir a provincia leonesa pola Junta de Castela y León. Porque para León O Bierzo só é una comarca natural máis das muitas que hay una provincia leonesa. A isto engadimos o problema lingüístico da existencia da comunidade galegofalante do Bierzo. Para eles, falamos chapurreao, dialeto berciano, falas leonesas de transición, galegoleonés… para nada esa confusión resulta o mesmo idioma galego ca na Galiza. 



El leonesismo no puede admitir la existencia de singularidades territoriales, institucionales y lingüísticas del Bierzo en el siglo XXI. Esas peculiaridades son peligrosas porque forman una unidad territorial y cultural del chamado país leonés. Non ter recoñecido a singularidade histórica e territorial do Bierzo supón un verdadeiro atranco para o proxeto político leonesista. O autonomismo berciano hoxe avanza co Consello comarcal, de xeito pactista da man da negociación de convenios marcos cuadrienais coa Junta de Castela e León. Outro tanto habería que facer coa Deputación leonesa avarenta que só concede migallas ao Consello comarcal, casos do Sam ou Banco de terras, mentres que non cede una competencia en materia de cultura do Instituto leonés de cultura. Tanto Junta de CeL como Diputación son instituciones que siguen a amosar una clarexa dinámica histórica centralizadora que aínda comparte o leonesismo político.

El Bierzo, febrero de 2025.

xoves, 13 de febreiro de 2025

O BIERZO NO FUTURO PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE GALICIA.

 

Libro El Bierzo provincial

EL BIERZO NO FUTURO PLAN DE

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE GALICIA.

                No Bierzo temos novas da reforma do Plan de normalización lingüística de Galicia. Sabemos da constitución de diversas comisiones de trabajo, entre ellas a de Proxección exterior do galego. Por suposto, entendemos que a problemática do galego no Bierzo ten de estar presente nese novo Plan de normalización. Por eso, queremos pesentar algunas propuestas a prol da promoción do nosos idioma territorial.

                A Lei autonómica de Nomalización lingüística de Galicia de 1983 fai referencia al chamado galego exterior. Esta denominación pode ser aplicada ao galego da emigración mais non para as comunidades galegofalantes do Eonavia, O Bierzo y As Portelas. Neste último caso debería denominarse coma galego estremeiro . Nestas tres comarcas hai una clarexa continuidade territorial e cultural coa Galiza, polo tanto nada dese “galego exterior”. A actual fronteira administrativa que divide as ditas comunidades lingüísticas non pode condicionar a nosa identidade cultural global e coletiva para nada. A dita Lei de Nomalización lingüística establece que “protexer a lingua galega hablada en territorios limítrofes coa Comunidade autónoma” (artigo 21.2). Expresamente lemos territorios limítrofes, logo digamos xa galego lindeiro ou estremeiro.



                No tema do ensino no Bierzo, podemos estudiar galego de xeito voluntario en diversos niveis educativos. Agora ben, reclamamos que o ensino do galego sexa de oferta obrigatoria nos centros escolares situados na área galegofalante histórica. Hai lexitimidade histórica e cultural para ofertar ensino galego en todos los colexios do Bierzo occidental.

                Falta uso administrativo del galego. El Consejo Comarcal del Bierzo puede principiar ese uso administrativo. Por iso cómpre esixir un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Junta de Castela e León y Consello comarcal. A Lei da Comarca de 2010 establece “a participación da Comarca do Bierzo nas actuaciois que realizan para a promoción da lingua galega” (art. 1.4). El Consejo Comarcal puede crear un servzo lingüístico con dito apoio institucional tripartito mediante un convenio o protocolo. Ese servizo lingüístico pode impartir cursos de galego, facer documentación bilingüe, fomento do galego nos concellos e pedanías, etc. 



                Hai una necesidade de recuperar nosa toponimia tradicional  na nosa lingua galega. Convén un acordo entre instituciois galegas (Comisión de toponimia e universidades galegas) e Consello comarcal para facer estudos toponímicos, publicaciois de investigaciois e colocación de nova sinalización toponímica axeitada.

                Todos sabemos da sintonización de TVGalega por muitos bercianos e bercianas. Mais botamos de menos unha mellor atención informativa da nosa rexión, máis contidos locais, establecemento do correspondente profesional, mellora técnica do repetidor de Corullón, convenio de colaboración informativa coa TVCYL en Ponferrada, etc. Ademáis, habería que axudar aos xornais dixitais do Bierzo para que tiveran aceso ás subvenciois en materia de uso da lingua galega. 



                En materia cultural, pódese fomentar o uso del galego en publicaciois do Consello comarcal, do Instituto de estudos bercianos e da Universidade leonesa no seu campus de Ponferrada. As universidades galegas poden establecer colaboraciois con estas instituciois do Bierzo en relación con futuros estudos históricos, xeogáficos, filolóxicos, etc.

                Outras intervenciois socioculturais de Galicia poderían ser compartilladas no Bierzo. Son os casos do Día das letras galegas que debería conceder unha atención especial cos galegofalantes e non tanto a persoeiros destas comarcas. Hai que continuar a colaboración coa Xunta de Galicia na celebración del Día do galego no Bierzo (9 de marzo), cos seus actos escolares. Non pasamos por alto a necesidade de prover de libros en galego de balde ás bibliotecas municipais e escolares do Bierzo. Certas exposiciois culturais de Galicia ben podrían viajar tamén prá nosa rexión. A festa de Correlingua ten de chegar ao Bierzo algún día coa axuda dos organizadores de Galicia.

El Bierzo, febreiro de 2025