ROTA PARA MIRANDA DO DOURO EN PORTUGAL,
Por Xabier Lago Mestre,
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es
O domingo comeza escuro e chuvioso en Salamanca. Collemos o bus no centro da cidade para o oeste. A ribeira do poderoso río Torme marca o noso camín cara a Ledesma. Nesta importante vila amurallada torcemos para ao norte. Na provincia de Zamora xorden as localidades de Almeida e depois Bermillo de Sayago, onde facemos parada para tomar un cafetiño quente. De novo no bus, 13 quilómetros adiante atopamos o desvío para Portugal. A estrada descende de súpeto pola ribeira do Douro. Atravesamos este río por enriba do muro do encoro. Agora todo suba para Miranda do Douro.
Deixamos o bus no aparcadoiro e comezamos a subir para a cidade. Primeiro foi vila en 1286, e cidade dende xullo de 1545 por mor da declaración de Joao III. Neste mesmo ano foi a primeira diócese de Tras-Os-Montes por bula de Paulo III. Por desgraza perdeu tal categoría eclesial ante a cidade de Bragança, en 1769. Por certo, no noso camiñar atopamos o pequeño edificio branco da junta da freguesía, na súa entrada presiden as bandeiras da autarquía, freguesía, Portugal e europea. Non deixa de abraiarnos gratamente o bo recoñecemento que hai en Portugal para as súas freguesías ao contrario que en España.
O CASTELO DE MIRANDA DO DOURO.
Entramos na cidade vella tras atravesar a súa muralla. Á dereita atopamos a praza do Castelo. A verdade é que este monumento está en moi mal estado. Supoñemos que sufríu hai séculos as consecuencias negativas das guerras entre Portugal e España porque está moi derrubado. Lembremos a guerra da Restauraçao (1640-1668), a guerra de Sucesión (1702-1714) e a guerra dos Sete Anos (1756-1763), tamén chamada dos Pactos de Familia ou guerra do Mirandún. Que sorte temos no Bierzo de conservar o castelo de Ponferrada tan ben depois da súa restauraçao fronte a outras fortalezas coma Benavente ou Miranda máis estragadas.
No noso camiñar fixámonos no seu ben corservado rueiro e caserío. Paramos diante da sinxela portada da alfóndiga, onde se gardaban os grans para os seus viciños. Os comercios de artesanato venden multitude de obxetos de agasallo e recordó. Salientamos as figuriñas dos caretos do seu entrudo, o xesús da cartoliña ou os traxes típicos dos mirandeses.
Estamos xa na pequena praza maior. Eiquí temos a casa da cámara municipal. Enfronte o edificio da Casa da Terra. Trátase do museo da cidade. Nel podemos atopar información das tradicioes agrarias e textiles, da vida nas casas, do entrudo, vestiario, danzas, instrumentos musicais, etc. Non podemos pasar por alto as figuras escultóricas da parella de mirandeses. Un grupo que non se libras das correspondentes fotos dos visitantes.
VISITA Á CATEDRAL MIRANDESA.
Seguimos para o sul polo seu rueiro. Máis adiante o edificio máis gande, a catedral. A sobria fachada neoclásica xorde custodiada polas dúas altas torres. Dentro do seu recinto sagrado un para de mulleres limpan o chan. Comezamos a botar fotos dos altares que están cheos de decoración. Pero a nosa busca vai cara o xesús da cartoliña. Trátase da figura dun neniño moi traxeado e con chapeu negro. Ademais na súa vitrina aparece arrodeado doutros traxes de ricas teas. Segundo a tradición un neniño arengou aos mirandeses dende as murallas para fortalecer os ánimos dos viviños que estaban arrodeados polas tropas españolas. Grazas á súa intervención os portugueses gañaron esa contenda militar. En agradecemento popular velaí o jesús da cartoliña na catedral. Ao fondo vemos pendurado o órgano que de seguro ten un son celestial.
Por detrás da catedral temos os restos dun claustro que foi parte do recinto relixioso. Este complexo forma un xardín que seguro que é dos máis visitados de Miranda nos meses calorosos de verán. A dois pasos o paço de justiça onde sobresae a escultura que representa o direito e maila justiça. Pola porta do río saímos ao miradoiro dende onde podemos ver a fermosura dos canhoes do Douro, ademais dunha boa imaxe da muralla.
POLOS BAIRROS PERIFÉRICOS E MAILA CONTORNA.
Entramos de novo na cidadela para seguir adiante até a da biblioteca púbica porque paga a pena ver a súa fachada. Este edificio foi a igexa do convento dos freires trinos. Fóra da muralla vemos outra unha impresionante porta defendida por dúas torres. Arrodeamos a cidade vella mentres observamos os barrios periféricos, Verde ao sul, Sta. Cruz (oeste) e Terronho ao norte. Todos eles tres de feitura moderna e de pouco interese para os turistas.
Se queda tempo hai que achegarse á zona de tendas, no barrio de Terronho. Eiquí, nos baixos de dúas rúas paralelas, os españois mercamos roupa deportiva, viños, mel, prendas de algodón, etc. Depois de tanta andaina portuguesa, xa hai fame e nada mellor que ir para os bares deste barrio. Entramos no coñecido O Mirandés e paga a pena o seu xantar barato e abundante, co mellor trato. Por suposto non falta o bacallau e os viños do Douro.
O municipio de Miranda do Douro ten moitas localidades por visitar pero nos falta tempo. Recomendamos pedir a guía da rota da Terra Fría Transmontana. Trátase dunha rota circular que vai dende Miranda para Mogadouro ao sul, para logo subir para o municipio de Vinhais, e continuar polo norte até Bragança. Finalmante baixa de novo para Vimioso. Este territorio estremeiro comparte con Zamora e Galiza os entrudos e magustos. Dende logo que paga a pena participar dos seus entrudos porque os caretos non teñen nada que envexar a outros. Caretos de madeira, feitos a man, que rondan os 200 euros, e representan a diabos de todo tipo pintados con cores.
HOMENAXE PARA AS DÚAS LINGUAS DO PAÍS.
Sempre se agradece a visita a Portugal porque permite que os bilingües poidamos praticar a nosa fala galega cos nosos viciños. Resulta un erro pensar que o galego e o portugués teñen máis diferencias que semellanzas. Cun pequeno esforzó podemos aprender a súa normativa e a correspondente fonética.
Pola outra banda resaltamos o esforzos da viciñanza e institucioes locais por manter a súa lingua mirandesa. Así podemos velo nos nomes do rueiro mirandés. A verdade é que resulta enriquecedor ver ese esforzo comunal por manter o seu patrimonio lingüístico ante tanto uniformismo cultural foráneo. Longos anos para o mirandés!.
O Bierzo, novembro de 2016.