sábado, 2 de novembro de 2024

CHEGAN OS MAGOSTOS BERCIANOS.

 

Libro El Bierzo Provincial.


CHEGAN OS MAGOSTOS BERCIANOS,

Por Xabier Lago Mestre.

Estamos xa no mes dos magostos como anuncian as numerosas convocatorias das localidades bercianas, tanto nos carteis coma pola internet. Dende logo é un sinal de identidade coletiva berciana esta celebración popular tan sentida que compartimos con Galicia e non tanto con León. Coa chega das boas castañas a economía castañeira renace con maior dulzor. Quen non lembra esas andainas polos soutos desertos, cheos de castañas no chan, ninguén se pode resistir ao apaño agochado!.

A tradición recorda que ten unha grande simboloxía o magosto. Fálase de que as castañas representan a morte, mentres que o fogo significa a purificación, e maila compaña do viño novo a resurreción e o renacer. Velaí tamén os  brincos sobre a fogueira que limpa aos valentes saltadores co seu fume. A relixiosidade popular máis profunda dicía que con cada castaña aberta polo lume liberábase unha alma do purgatorio.



Hoxe ben sabemos da importancia dos concellos rurais na organización destes magostos. Antano os concellos tiñan muito protagonismo. Así, as terras dos soutos eran comunais mentres que os castañeiros eran privados. Isto é así porque o concellos xestionaban a plantación das árbores pola veciñanza para o seu proveito persoal. Incluso os castaños eran transmitidos por venda ou herdados polos sucesores. Ademais, os concellos determinaban as datas da colleita de castañas, coutando os soutos, para empecer a entrada dos veciños e forasteiros. Cando chega a xeira dos magostos, os concellos desacoutan para que os propietarios apañen as castañas. A data magosteira vai de Tódolos Santos até san Martiño (11 de novembro). Depois da entrada dos propietarios poderían pasar o resto de veciños pola chamada rebusca dos froitos esquecidos ou estragados. Os refráns recordan o destino das derradeiras castañas, “as castañas que depois de san Martiño quedan no souto, son do moucho” e “castañas que están no souto, igual son para min que para outro”. Para unha mellor vixilancia coletiva, os concellos tamén organizaban os apaños das castañas por zonas do monte, concretando os soutos tomados de cada vez.  

A explotación dos soutos estaba ben xestionada para impedir os conflitos. O terreo singular de cada castiñeiro estaba delimitado pola súa copa vexetal. Ademais, colocábanse no chan tablas, sucos ou ramaxes para que os froitos caídos non pasaxen a zonas do castiñeiro veciño. As pendentes do terreo nos soutos salvávanse con socalcos de nivelación. Como ben sabemos os camiños e carreiros son públicos, polo tanto as castañas caídas neles poderían collerse polos veciños. Un refran recorda, “castañas que caen no camino, deixan ao amo e veñen comigo”. Había concellos que nomeaban vixiantes locais para cumprir coas normas do dereito consuetudinario. Oficios relacionados cos soutos son os dos vareadores de castañas e os podadores, e tamén había edificios específicos, coma os secadeiros dos froitos.



Os vincallos das localidades bercianas cos soutos de castaños vén de lonxe no tempo. Por iso a presenza dos nomes de Turienzo Castañero, Soutoparada, Parada de Souto ou Castañoso, Castañeiras, etc. Ainda que a toponimia menor é muito máis rica como ben podemos supoñer pois os soutos abundan polo Bierzo montañoso.

A literatura oral berciana recolle numerosos refráns referidos ás castañas e os tempos climáticos. “Agosto mollado, castañas a cestados”, “agosto seco, castaña no cesto”, “castañas do Nadal, saben ben e parten mal”, “as castañas queren en agosto arder, e en setembro beber”. Pola súa banda, para os magostos temos “auga de agosto, nin bon nabo, nin bo viño, nin bon magosto” e “castañas do teu magosto, non chas quero, que me cheiran a chamusco”.

En tempos de tanto individualismo, agradécese o mantemento desta tradición dos magostos nas pequeñas localidades rurais, onde a súa reducida veciñanza reforza os vincallos solidarios. Outro tanto acontece nas vilas e ciudades, nestas acuden os veciños en grandes concentraciois para desfrutar do ritual do magosto polos seus barrios. Acotío na praza de Julio Lazúrtegui de Ponferrada unha vella locomotiva a vapor vende castañas quentes nas noites frías. Mentres voltean os tambores, cavilamos na roda da nosa vida. A cadencia das gaitas move os nosos corpos máis marchosos. Que non morra a festa rachada!.

 

O Bierzo, novembro de 2024.

martes, 22 de outubro de 2024

O NOSO BIERZO FORALEIRO

 

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL.

NOSO BIERZO FORALEIRO,

Por Xabier Lago Mestre.

                Galicia e O Bierzo teñen unha ampla historia común que a xente descoñece. Hai muitas instituciois que compartimos ámbolos dous territorios (concellos, feguesías, compaña, foros, etc). Nesta ocasión pescudamos no tema dos foros agrarios que estiveron presentes na meirande parte do noroeste peninsular. Os tombos dos nosos mosteiros bercianos están cheos de referencias aos ditos foros, coma os arquivos señoriais e protocolos notariais.

                Comezamos na Idade media para indicar que os foros agrarios eran contratos que se establecían entre os señores (laicos e eclesiásticos) para fixar a explotación dun ben (terra, prado, casario…), ademáis de regular unha relación de vasalaxe entre ámbalas dúas partes (suxeitos xurídicos). Velaquí o caso do mosteiro de Carracedo que afora en Canteixeira. Trátase de herdades para os vasalos, “que la tengades poulada por vos personalmente e la labredes bien”. Coa contrapartida de dar á abadía, “nos dedes la quarta, de aquanto labrardes, e criardes cada año e la tercia de los porcos, quando foren de vez, e la meatade das eguas, e del ganado mayor partir la crianza cada cuatro años”. Este foro fixa unha nova relación, “e que seades fieles vasallos del abat e del convento”. No caso de rachar este vincallo de vasalaxe, “perda por ende el suo quiñon daquella herdade, e fique libre e quita al monasterio, con todos los labores e bonos paramentos”. A  herdade resta ben vencellada, e non se pode separar do patrimonio monástico, “non haber poder de la vender, nen de la sopinorar, nen alear por ninguna manera” (ano 1273).



                Por suposto, os señores laicos tamén fixeron uso destes foros agrarios, caso dos marqueses de Vilafranca. O historiador Alfonso Franco Silva fai mención a numerosos foros, entre eles, en Barxas, por casa e terreos hai que pagar unha tega de centeo e unha galiña (1472). Por outro foro en Sigueia da Cabreira,  por unhas herdades de pan e viñas tiñan que pagar 14 fanegas, metade en trigo e metade en centeo, máis 13 cañadas de viño (1505). A longa duración dos foros é unha singularidade desta institución, que os diferenciaba do arrendamento e parcería. Así no Bierzo podían ser a perpetuidade ou por tres vidas de reis e 29 anos (as chamadas voces).

                Temos visto os foros agrarios mais tamén houbo outra tipoloxía. Así salientamos os foros coletivos que se establecían cos concellos por localidades para a explotación de bens de xestión coletivos (montes, pradoiros, lameiros, morteiras, brañas…). Por estes desfrutes coletivos había que pagar unha renta ao señor. Outros foros foron os de poboamento que a Corona e os señores (laicos e eclesiásticos) fixaban para atraer e protexer a nova veciñanza, a cambio do pago dunha renta comunal, á vez que se determinaban as exenciois fiscais.



                Por suposto, a pobreza xeral dos vasalos agrarios, fronte ás sucesivas demandas fiscais dos señores e da Coroa, provocaron numerosos conflitos acotío á hora de recadar. Muitos destes problemas non se recolleron na documentación secular pois tivo un protagonismo oral. O propio rei Felipe II lexisla sobre os censos para declararlos redimibles,  de “Galicia y León y provincia del Bierzo y marquesado de Villafranca y en el principado de Asturias” (1573). Os señores, ante os problemas de recadación de cartos, recorreron ante os chamados cabezaleiros, que foron os intermediarios que se aproveitaron das dúas partes, dos pobres foreiros e dos señores. Temos varios preitos sobre estes conflitos, casos do arrendador de foros dos marqueses de Vilafranca e certos veciños de Corullón, polo pago de trigo, centeo e galiñas (1767), ou entre a colexiata de Vilafranca co arrendador dos seus foros e diezmos (1824).

                No século XVIII, ante a finalización de muitos foros agrarios, medrou a conflitividade social. Salientamos os duros apeos dos seus foros que fixo o mosteiro de Samos na zona de Toural dos Vaos. Até tal punto chegou o grave problema dos despoxos dos foreiros que os altos tribunais tiveron de intervir (Audiencia de Galicia e Consello real)  ademáis da propia Coroa. Sabemos que veciños da vila da Veiga, de Fontoria e Sésamo, “comprendidos todos en la provincia del Bierzo”, preitearon contra do mosteiro de San Andrés de Espiñareda, e reclamaron ante o Consello real, o cal determinou “les vuelva las tierras de que les ha despojado, y tenían en foro vitalicio los causantes respectivos de estas partes”.  A Real provisión de 28 de xuño de 1768 estendiu á provincia do Bierzo e provincia de Asturias a resolución favorable para os foros do reino de Galicia de 1763. Tamén os foreiros do marquesado de Vilafranca pediron converter os seus foros en censos perpetuos. O propio marqués pediu á Coroa licencia para realizar dita conversión (1762) (xornal El Progreso, febrero de 1909). 



                Na segunda metade do século XIX o Estado español forza o uniformismo xurídico. Asi hai un gran debate político na formación do Código civil contra os dereitos forais de Euskadi, Catalunya e Galicia. Tamén os xornais de Galicia fixeron referencia aos foros do noroeste, “no sólo en Galicia, sino también en Asturias, León, Vierzo y Villafranca” (El Correo de Lugo, xuño de 1860). A Gaceta de Madrid (21 de xullo de 1886) recoñece expresamente os “censos en Galicia, Asturias y León”, esta última concrétase no Bierzo. Os debates continúan no século XX, o proxeto de apéndice do Código civil, elaborado pola Comisión especial de Dereito foral de Galicia (1923), establece a singularidad foral no artigo 94, “no regirán en las provincias de Galicia, ni en el Principado de Asturias ni en la comarca del Bierzo los artículos 1611 y 1655 del Código civil”.

                Aínda na etapa franquista hai debate sobre os foros agrarios. Por iso créanse tribunais de foros por partidos xudiciais. En Vilafranca hai bens embargados, caso de viviendas, por impagos forais en Busmaior, aínda “que no existen títulos de propiedad de aquellos” (1945). Incluso otra sentenza fai mención nominativa dos numerosos veciños de Busmaior, segundo as súas casas (Miguel, Cobo, Nueva, Panadero…), que teñen satisfeito a paga da pensión durante 30 anos inmediatos, mentres recorda a “sentencia condenatoria de los cabezaleros” de 1932. A resolución xudicial indica o pago dun foro coletivo, “obligados solidariamente a satisfacer”, de 37 fanegas e 10 cuartillos de gran de centeo máis 137 reales desde 1876.

O Bierzo, outubro de 2024

WWW.BIERZOFREE.BLOGSPOT.COM

xoves, 10 de outubro de 2024

AS HISTORIAS IRMANDIÑAS NO BIERZO.

 

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL

HISTORIAS IRMANDIÑAS NO BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre.

De novo os irmandiños voltan a Ponferrada para recordar a revolta medieval contra o conde de Lemos. Máis aló das representaciois teatrais entre cabaleiros e vasalos polas rúas e castelo desta cidade, convén coñecer un pouco daquela historia recuperada que non é muita. A fines do século XV os vasalos foran asoballados polos seus señores. O sistema económico, xurídico, fiscal e eclesial favorecía a uns poucos privilexiados fronte á meirande parte da poboación subordinada. Velaí que xurdiran numerosas protestas antiseñoriais. A que hoxe tratamos é coñecida coma revolta irmandiña que se estendeu por todo o noroeste peninsular.

                Os núcleos galegos da rebelión irmandiña tiveron continuidade na chamada Galicia estremeira. As comarcas periféricas participaron deste movemento levantisco. Foi o caso do ocidente de Asturias, segundo nos indica o historiador Vasco de Aponte, pois o capitán Pedro Osorio tivo apoio de fidalgos galegos e asturianos de Navia e Burón, zonas dependentes do bispado de Oviedo. Polo que se refiere ao sul, na comarca da Seabra está documentado que o IV conde de Benavente, Rodrigo Alfonso Pimentel, atacou aos irmandiños na localidade de Cobreros, o cal señor “mando poner fuego al lugar, y que todo se quemó y que quedaron perdidos” (Isabel Beceirro Pita).


             

                Sábese que unha coluna irmandiña, de Alonso de Lanzós, entrou desde Ourense en Valdeorras. Nesta comarca os vasalos atacaron dous castelos, o do Castro, xunta O Barco, era de Juana de Castro, señora de Valdeorras e Manzaneda. O outro castelo foi do Bolo, de Juan Pimentel, señor de Viana e O Bolo. Por certo, segundo preito de 1520, o dito señor impuxo pola forza a reconstrucción desta fortaleza (Isidro García Tato). Esta frente irmandiña ben puido entrar no Bierzo polo estreito de Covas e derrubar os castelos de Lusio, Pena Ramiro e Pena Vellosa na comarca da Cabreira Baixa, para continuar até a fortaleza de Cornatelo.

                Outra coluna irmandiña de Pedro Osorio entrou polo porto do Cebreiro desde Lugo. O seu obxetivo foi atacar os castelos do conde de Lemos nesta zona, a saber, Serracin, Corullón, Vilafranca e Ponferrada, onde se escondera o fuxido conde de Lemos. Cando chegaron os milleiros de irmandiños tivo o perseguido conde que marchar para León. Das actividades militares no Bierzo sabemos de dous centros irmandiños, Ancares e Arganza. No primeiro os imandiños enfrontáronse ao poder señorial do mosteiro de Espiñareda, e no segundo o señor de Arganza foi morto polos seguidores do conde de Lemos.



                De seguro que na rexión do Bierzo houbo máis apoios irmandiños dos que non temos documentado, porque a revolta defendia os seus intereses labregos e fidalgos. Pola contra, sabemos que o conde de Lemos marchou para Madrigal con xente de Vilafranca, Cacabelos e Ponferrada para conseguir apoio da Santa irmandade de Castela (marzo 1468). Por suposto, esta institución foránea casou ben cos intereses do conde porque só el podería recadar cartos para a irmandade castelá.

O CONDE SEÑOREABA O BIERZO.

                O Bierzo medieval estaba controlado polo réxime señorial (laico, eclesial e monástico). A debilidad da Coroa de Castela favoreceu o medre dos señores. Velaí as concesiois reais hereditarias (condado de Lemos 1456, marquesado de Astorga 1465…). Mentres que os mosteiros recibiron numerosas exenciois fiscais e privilexios. Unha derivada das guerras de sucesión da Coroa foron as luitas entre os señores polos diñeiros e vasalos.



                O poderoso conde de Lemos dominaba O Bierzo e quería subordinar ao resto de señores e vasallos, propios e alleos. Por iso guerreou co señor de Bembibre, co marqués de Astorga e o conde de Benavente que atacaba desde a súa encomenda dos Barrios de Salas. Tamén tivo de pactar cos inimigos, ao marqués de Astorga cedeu Chantada e Sarria (setembro 1467). Tampouco faltou a política matrimonial para establecer alianzas conxunturais, coma os casamentos entre os Lemos, Quiñones,  Astorga ou Benavente.

Máis doado foi dominar o outro poder monástico xa que non tiñan resistencia militar. Un texto indica que “conocio al dicho conde ser ombre muy poderoso e mandaba e señoreava toda esta provincia del Vierzo, e vido que para haser la fortaleza de la villa de Ponferrada traya los ombres de las abadyas, así como de San Pedro de Montes e de Santa Marya de Carrazedo e de Sant Andres de la Espinareda, e los trya para la dicha fortaleza e les mandaba como a sus vasallos”. Claro exemplo da subordinación monástica ao conde.

                Nun preito señorial entre vasallos e maila abadía de Carracedo (1513), os primeiros alegaron que o conde de Lemos creou novos impostos agrarios, “quando las hermandades del Vierzo despues volvió, avya empuesto estos quartos e quintos en los lugares de la abadia y términos de Faveiro y campo de Naraya”. Curiosamente, a imposición dos ditos quintos por roturar novas terras tamén foi obxeto de preito en Castro Caldelas nun preito contra os condes (1523).



                A derrota dos irmandiños pola poderosa nobreza favoreceu a reseñorización. Consecuencias desta nova xeira foi a forte represión (mortes, penas…), control parcial da xustiza, obriga de serventías para reconstruir os castelos atacados, imposición fiscal (quintos, tallas…), creación de localidades en lindeiros doutros señoríos (Fontes Novas e Campo xunta Ponferrada), confiscaciois, caso da terra de Arganza, etc.

                O reforzamento da Coroa, cos chamados Reis católicos, foi a chave do cambio de época. A polémica herdanza do condado de Lemos e as desputas entre familiares permitiu a  intervención real. A arbitraxe neste conflito favoreceu á Coroa e os seus, caso dos condes de Benvente. De nada serviron os ataques militares do conde de Lemos (1485 e 1507) e preitos xudiciais por recuperar os seus territorios. A consecuencia da derrota militar dos Lemos foi a perda definitiva das posesiois bercianas. Isto foi así porque a Coroa xa tiña planificada unha nova organización para O Bierzo, redución territorial do condado, creación do marquesado de Vilafranca, formación da provincia do Bierzo, establecemento da nova capital reguenga en Ponferrada, ordenación da nova xustiza real (correximento, Adelantamiento…

                Por todo o visto, os irmandiños abrangueron vasalos das comarcas máis estremeiras que tiveron unha clara vontade coletiva de resistencia antiseñorial. A derrota irmandiña favoreceu a reseñorización de fines da Idade media. O vitorioso novo poder real limitou parcialmente os abusos do poder señorial, aínda que a alta nobreza foi aliada da nova política real (administración, militarización, internacionalismo, etc.  As clases dependentes (vasalos, pecheros…) puideron recorrer ante a xustiza real, a cal lexitimou o réxime señorial que privilexiaba aos poderosos.

O BIERZO, OUTUBRO DE 2024.

BIERZOFREE.BLOGSPOT.COM

venres, 4 de outubro de 2024

AS INTENTONAS DE ORDENACIÓN TERRITORIAL.

 

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


INTENTONAS DE ORDENACIÓN TERRITORIAL,

Xabier Lago Mestre.

Na veciña Galicia tivo lugar recentemente un Congreso de reforma do mapa municipal. Pouco ou nada se pode tirar desta xuntanza porque seguen cos mesmos proxetos de fusiois municipais, mancomunidades intermunicipais, áreas metropolitanas e consorcios. Muitos aínda recordamos cando Galicia intentou, pola década dos anos noventa do século XX, a reforma comarcal. Daquela gastáronse miles de cartos para delimitar 53 comarcas, nomeáronse os seus xerentes e creáronse fundaciois. De todo iso xa non queda nada. Outro fracaso máis!. Hoxe hai 313 concellos e 3771 freguesías sen en unha ordenación territorial axeitada. Sen embargo, todos vemos que O Barco de Valdeorras, Quiroga, Monforte, Verín, Becerreá, etc deberían ser potenciados coma centros comarcais.

            Polo que se refire a Castela e León, coa chegada da democracia todos os partidos falaban do novo protagonismo territorial das comarcas desta estensa Comunidade autónoma. Velaí os debates da Comisión de comarcalización en 1984. Depois as comarcas foron consideradas perigosas para calquera ordenación territorial alternativa ás provincias de 1833. Por iso, en 2000, fixaron as áreas funcionáis estables (13), para logo xurdir o mapa das unidades rurais (2015). Coma non houbo acordo político de consenso todo está sen execución.



            Los bercianos aínda lembramos cando nos debates polo recoñecemento da Lei da Comarca os partidos discutían sobre se sería mellor a previa aprobación dunha lei xeral de comarcas. Por sorte, primeiro foi a creación da Lei da Comarca do Bierzo, doutro xeito hoxe non habería nin lei xeral nin lei singular. En política hai que saber aproveitar as conxunturas favorables. O Bierzo soubo saírse coa súa e ter o necesario recoñecemento legal, primeiro autonómico (1991) e logo orgánico no Estatuto de Castela e León (2007), que reforzou a súa existencia institucional.

            A rexión do Bierzo está mui alonxada dos centros provinciais (León, Lugo, Ourense…). Ademais é un territorio moi periférico por mor das serras que nos afastan. Resulta lóxico que se reclame desde séculos una ordenación territorial específica. Históricamente, xa tivo ese recoñecemento territorial e institucional con dúas provincias (Antigo réxime desde 1486 e liberal desde 1821). A isto engadimos a existencia dun centro urbano coma Ponferrada que exerce as súas influenzas funcionais (sanitarias, comerciais, administrativas, comunicaciois…) sobre varias comarcas veciñas (Laciana, A Cabreira e Valdeorras). Máis de 120.000 habitantes merecen outro tratamento administrativo por parte dos gobernos foráneos, como si o teñen outros territorios de menor poboación (Zamora, Soria, Avila, etc.



Por todo o dito, parece razonable que no século XXI haxa unha atitude máis descentralizadora co Bierzo. Hai que potenciar o Consello comarcal para compensar as graves carencias (persoais, materiais, económicas…) dos concellos rurais e das numerosas pedanías.  Estes dous tipos de corporaciois locais tiveron a súa orixe na Idade media, mais hoxe teñen perdido gran parte da súa funcionalidade, velaí o seu grave perigo de desaparición. Sen o decidido complemento competencial do Consello comarcal, a meirande parte dos concellos e pedanías non poderán sobrevivir. O futuro institucional do Bierzo está en crear un Consello comarcal forte, capaz de negociar co resto de instituciois (Junta CyL, Deputación, Estado e Unión europea) pola descentralización axeitada.

A rexión Sileste pode organizarse doutra forma. Queremos dicir que hai un gran centro urbano, Ponferrada, mais isto non empece que haxa outras cabeceiras comarcais. Así debería acontecer con Villablino/Laciana, Bembibre/Boeza, Fabeiro/Ancares, Vilafranca/Valcarce e A Ponte/A Cabreira. Para acadar isto hai que articular as vías de comunicación e os transportes públicos, e potenciar os servizos públicos.



Noutras épocas pasadas tivemos sucesivas dinámicas económicas. Primeiro agrogandeiras e viñateiras, no século XX industriais (mineiría do carbón e ferro, madereiras, cementeiras, enerxía térmica e hidroelétrica…), e hoxe, louxeiras e otras enerxéticas. Porque o capitalismo estatal e internacional establecerán novas funcionalidades económicas para esta rexión dependente. O difícil será compaxinar a agricultura tradicional e ecolóxica coas novas imposiciois enerxéticas lonxanas (hortos solares, biocarburantes, muíños de vento…). Dende logo, necesitamos unha institución comarcal que supere os meros intereses localistas e, con forza abonda, represéntenos para resistir as presiois foráneas que se aveciñan sen xeito.

O Bierzo, outubro de 2024.

mércores, 25 de setembro de 2024

DICHOS POPULARES ENTRE LEÓN Y EL BIERZO

 

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL

DICHOS POPULARES ENTRE LEÓN Y EL BIERZO,

Por Javier Lago Mestre,

Autor del libro El Bierzo provincial (2021).

LAS DISPUTAS TERRITORIALES.

“De León, al otro lado”

“Amigo de León,

tuyo si, mio no”

“Alén de Foncebadón

está León cazurrón.

Acá de Cruz de Ferro,

O Bierzo galegueiro”

“El Bierzo, acá do Manzanal,

León, alón de Foncebadón”

“Galego e berciano, semos irmanos,

cabreirés, leonés e montañés,

nones para tres”



“De León??... a Foncebadón.

Do Bierzo, no vieiro galego”

“El Bierzo es refuerzo,

ante la Diputación,

Oposición!

Que León es felón”.

“Para León máis nos dominar,

O Bierzo mellor calar”

“Non gusta en León,

O Bierzo rebeldón”.

“León todo coloniza.

El Bierzo está en liza,

bilingüal comarcaliza,

aquel coleriza”

“León out of Castilla,

El Bierzo with Galiza”

“O Bierzo irredento,

León descontento”.



“Cando o Bierzo berra,

en León pelexa”.

“El Bierzo y León

Tan distintos son”

“Ni Castilla nin León,

O Bierzo galegón”.

“Castela-león chairoso,

O Bierzo montañoso”

“León… al otro lado”

“Castela-León douros,

O Bierzo sileiro” (cuestión de ríos)

“Alen de Foncebadón,

está lLeón cazurrrón.

Acá de Cruz de Ferro,

O Bierzo galegueiro”

“León segregación,

O Bierzo anexión”

“Manzanal y Foncebadón,

Portas bercianas son”

O BIERZO, SETEMBRO DE 2024.

martes, 24 de setembro de 2024

NUEVO INFORME EUROPEO DE LAS LENGUAS REGIONALES

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL

 


COLECTIVO CULTURAL FALA CEIBE DO BIERZO SOBRE

EL INFORME DE COMITÉ DE EXPERTOS DE LA CARTA

DE LENGUAS REGIONALES DE UNIÓN EUROPEA.

 

El colectivo Fala Ceibe do Bierzo informa a los medios de comunicación que el Comité de Expertos del Consejo de Europa ha elaborado un nuevo Informe sobre el cumplimiento de la Ley de Lenguas regionales y minoritarias de la Unión Europea. Por supuesto, dicho Informe se refiere a la presencia de la lengua gallega en El Bierzo y Sanabria.

            Dicho Informe hace una referencia expresa a la necesidad de mayor protección de la lengua gallega en El Bierzo por parte de las autoridades de Castilla y León. Fala Ceibe insta a que  la Junta de Castilla y León presente una Ley de lenguas minoritarias en las Cortes autonómicas. Con la aprobación de esta ley regional se establecerán los necesarios derechos lingüísticos para la protección de los tres idiomas, leonés, gallego y eusquera. La Comunidad de Aragón ya ha legislado para la protección de sus lenguas minoritarias, casos del aragonés y catalán.



            El Informe europeo también menciona la enseñanza de la lengua gallega. Concretamente la firma del protocolo interadministrativo de 2006, entre la Xunta de Galicia y la Junta de Castilla y León. Fala Ceibe denuncia que hay carencias en la enseñanza, como que hay centros escolares que no imparten gallego. Concretamente los colegios de A Veiga de Valcace, Quilous, Carracedelo, Viladepaos e Fabeiro. Por lo tanto hay alumnado berciano que no puede estudiar gallego de manera voluntaria por falta de oferta adecuada en territorios con este idioma tradicional.

            Fala Ceibe denuncia que el Informe manifiesta la falta de gallego en ciertos usos públicos, casos de la administración y actividades culturales. Son numerosas las ocasiones en que se ha demandado desde El Bierzo la creación de una oficina lingüística comarcal, dentro del Consejo comarcal. Con esta oficina se podría ayudar a los entes locales de la región a usar parcialmente la lengua gallega, mediante traducción de textos legales, edición de documentos, elaboración de cartelería, señalización, etc.

            Se precisa de un nuevo protocolo de colaboración entre Xunta de Galicia, Junta de Castilla y León para promocionar el uso administrativo del gallego. El contenido de este protocolo se referiría a la creación de la oficina lingüística comarcal, rotulación bilingüe, financiamiento, contratación de personal, cursos de gallego, digitalización, etc.





            También hay una mención del uso del gallego en los medios de comunicación. Por desgracia esta lengua sólo se usa en pocos digitales. Está claro que la Junta de Castilla y León debería financiar el uso parcial de las lenguas minoritarias en medios tradicionales y digitales. Sorprende que la TVCYL no tenga aún entre sus objetivos la promoción de las tres lenguas minorizadas de Castilla y León. El Informe recomienda expresamente el uso del gallego en programas de televisión y radio, e impresos y digitales.  

            El Informe europeo recomienda el apoyo a las organizaciones que promocionan y protegen el idioma gallego en Castilla y León. Para fomentar una lengua minoritaria hay que apoyar a la propia comunidad de hablantes, ya que no todo puede depender de las concretas políticas de los gobiernos de turno.  

            Fala Ceibe vuelve a denunciar que la Universidad de León pasa de la promoción del gallego entre sus actividades académicas. Su Cátedra de Estudios leoneses nada hace por proteger el gallego, todo lo contrario de lo que realiza por el leonés. Por su parte, la Diputación de León tiene su Instituto leonés de cultura. Este centro cultural ejecuta escasas actividades sobre el gallego. La lógica y la eficacia administrativas no admiten que el Instituto leonés de Cultura gestione el gallego, estando en León, a más de 100 kilómetros de El Bierzo gallego. Debería ser el Consejo comarcal quien gestionase la materia de cultura de la Diputación, por su cercanía al territorio y hablantes gallegos de El Bierzo. ¿Para cuándo la descentralización cultural de la Diputación leonesa?.

 

O BIERZO, SETEMBRO DE 2024.


venres, 13 de setembro de 2024

AS GUERRAS CONTRA PORTUGAL DESDE EL BIERZO

 

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL

AS GUERRAS CONTRA PORTUGAL,

Por Xabier Lago Mestre.

No século XVII as ambiciois territoriais da Coroa de Castela forzaron a participación en numerosas guerras internacionais. Neste caso imos ver o que tivo lugar entre Castela e Portugal desde 1640 e que significou a recuperación da independencia do país luso. Pescudaremos nas consecuencias que tivo a contenda militar para a nosa provincia do Bierzo.

            Trala declaración de guerra, Castela atacou desde diversos frentes, Galicia, Seabra, Ciudad Rodrigo, Estremadura, etc. Polo que nos toca, referímonos ás incursiois militares desde A Poboa de Seabra en terras de Tras os Montes, que contaba coa capital fortificada de Bragança. Portugal reaxir de inmediato cos seus ataques polas comarcas da Seabra e Alcañices, metendo fogo na localidade de Lubían, na provincia de Zamora. E así aconteceu durante os sucesivos anos até o fin da chamada guerra da Restauraçao.



            Voltamos a Poboa de Seabra porque nesta vila acudían a milicias bercianas e leonesas para a súa defesa ante os lusos. Esas compañías concellís eran de Astorga, Bembibre, Vilafranca, Saldaña, Cea e mailas Omañas. Polo que se refire aos bercianos, tiñan que saír da provincia do Bierzo e subir pola Valdoza, agatuñar os montes Aquilanos, depois atravesar A Cabreira Baixa polas localidades de Sigueia, Silván e A Baña. Para de novo ascender até o collado Faedo, xunta pena Negra (2029 m.), e baixar para A Seabra  polo Xistral (1892 m.). A seguir polo val do río Trefacio e pasar polas localidades de san Ciprian e Trefacio, até chegar ao castelo Pobóa de Seabra. Dende logo, un longo percorrido para as compañías bercianas.

AS PROTESTAS BERCIANAS.

            Por suposto, as continuas levas de milicianos para as numerosas guerras internacionais de Castela ocasionaron protestas bercianas pola despoboación. A isto engadimos os gastos militares (bagaxes, aloxamentos e alimento de soldados, cebada e palla para os animais…). Salientamos algún exemplos deste descontento. Ponferrada queixouse dos repartimentos de soldados feitos polo corrixidor de León (1648), “las personas que envían con los soldados, los prenden, hacen excesivas vejaciones”, polo que A Coroa concedeu a Ponferrada protagonismo no dito reparto militar. Protestas bercianas que continúan en 1653 contra León, agora pola paga do servizo para a guerra de Catalunya, mais o Consejo Real dictou sentencia favorable a la cidade ao ano seguinte.



En Bembibre houbo un forte preito entre os fidalgos e pecheros pola defesa dos privilexios de non ir a guerrear. Un conflito que durou de 1648 até 1668, data en que rematou a guerra con Portugal e quedou resolto o problema dos alistamentos. Os fidalgos da xurisdición do mosteiro de san Andrés de Espiñareda tamén se resistiron a pagar ao cuartel de  Ponferrada polos gastos militares (1662). Sobrado de Aguiar resístese ao pago dos infantes de Catalunya (1658 e 1661). En 1695 veciños de Aguiar declaranse ser fidalgos para non alistarse.  Incluso os representantes reais tiveron que fuxir, tras tocar as campás a concello, “para que se juntasen los vecinos y estos procuradores, que recobrasse la orden que tenía entregada, y que se saliese de la jurisdición a toda dilixencia”. Exemplos do cansanzo da veciñanza con tanto discrecional e forzado alistamento de milicianos bercianos.

Ademais, incluso os bercianos tiveron que marchar para Ciudad Rodrigo (1663) para a defesa da fronteira salamantina. Coma colmo houbo un pedimento ao corrixidor de Ponferrada de soldados para Estremadura, en 1658, por parte do chamado Principe de Estillano. Tampouco faltaron recrutamentos periódicos para Catalunha e Flandes.



RECRUTAMENTOS DESDE GALICIA E LEÓN.

            Todos ben sabemos da posición estratéxica do Bierzo entre os reinos de León e Galicia. Pois isto ocasionou problemas derivados dos recrutamentos ordenados desde esas terras veciñas.  En 1641 Ponferrada denunciou os alistamentos de bercianos que se mandaban facer desde Galicia, o propio duque de Benavente parou eses mandatos foráneos. O finado historiador José Rodríguez Cubero descubre un documento, de 1642, que indica que se demandaron soldados bercianos polo marqués de Tarazona para Monterrei, polo conde de Benavente, polo marqués de Valparaiso que era daquela gobernador de Galicia, polo conde de Luna e tamén polo duque de Alba para Ciudad Rodrigo. Pedimentos abusivos de bercianos que forzaron a despoboción da nosa provincia do Bierzo.

A DEFESA DE PONFERRADA.

Ante os ataques portugueses pola fronteira seca da Seabra, Ponferrada organizou a defesa desta provincia. O centro militar elixido sería o vello castelo desta vila. Alúdese a que hai “ordenes de su Majestad para que se guarneciese  y guardase el castillo y fortaleza que hay en ella” (1642). Pois había temores de ataques portugueses como os que sufriu a fortaleza de Ciudad Rodrigo. Fálase de facer repartimento de cartos, reconto de armas, arranxos no castelo, etc. Finalmente, o exército luso non ousou adentrarse no Bierzo , sempre ben gardado polos altos montes Aquilanos e a serra da Cabreira.



AS RELACIOIS HISPANO PORTUGUESAS.

En 1668 rematou a guerra coa independenza de Portugal. A conflitiva política internacional de España e a difícil política rexional, caso de Catalunya, facilitaron a vitoria do país luso. O certo é que como consecuencia da dita contenda restaron malas relaciois políticas. Portugal non esqueceu xamais este problema peninsular. A literatura popular ben recorda aínda, “de Espanha nem bom vento, nim bom casamento”. Consecuencia dos malos casamentos entre as casas reais respeitivas de Castela e Portugal. Ademais da sátira política da Idade Moderna tiramos, “con intrincado nó, com duro laço, foi com Castela Portugal unido” (Domingo Pereira, Banquete, 1642). Outra, “Portugal e mais Castella nunca fueron bien casados, agora estáo apartados, dizem que sem querer ella” (Mote e Grosas que se fez na aclamación del Rei don Joao).

Polo que toca ao Bierzo, o antiguo cancioneiro popular transmite, “Bercianos milicianos, caminamos, subimos los Aquilanos. La Cabrera nos desespera. Seabra sea. La Puebla se rebela, contra los abusos lusos”. Oxalá nunca xamais volten eses tempos de loucos desencontros entre veciños.

O Bierzo, setembro de 2024.

WWW.BIERZOFREE.BLOGSPOT.COM