mércores, 1 de xaneiro de 2025

HISTORIAS DOS CONCELLOS BERCIANOS

 

 libro El Bierzo provincial

HISTORIAS DOS CONCELLOS BERCIANOS,

Por Xabier Lago Mestre.

                Os poderes señoriais da Idade media (Coroa, nobreza, mosteiros e bispados) fomentaron a repoboación e roturación das consideradas súas terras. Por iso concederon foros de poboamento ou agrarios, coletivos ou individuais, aos seus vasalos. A Coroa fixo repoboaciois en Ponferrada, Bembibre, Vilafranca, Villablino, Castro da Ventosa o Frieira. Os mosteiros fixeron outro tanto, Santo André de Espiñaireda na localidade da Veiga, san Pedro de Montes no val de Valdoza e Cabreira, e Carracedo en lago Carucedo ou a Granxa de san Vicente, como cistercenses en Vilaboa, san Francisco en Vilafranca, etc.

                Por supuesto, os señores medievais organizaron seus territorios para unha mellor explotación económica e reforzar os vincallos vasaláticos. Por iso, fixaon diversos centros de recadación de rentas, execución da xustiza, recrutamentos militares, etc. Estos son os casos dos castelos da Veiga de Valcarce, Fresnedelo, Cornatelo (Ulver), Corullón, Lusio (Aguiar), pena Ramiro (Cabreira) , O Castro (Valdeorras), Ponferrada ou Bembibre. Castelos que deron orixe a pequeños centros de poder, fiscais e comerciais, co paso do tempo.



                Na Idade moderna, o réxime señorial continúa a su existencia na provincia do Bierzo. Agora ben, hai una forzada reestructuración pois se crea o marquesado de Vilafranca, e Ponferrada pasa ser vila comprada pola Coroa de Castela. Os grandes triunfadores son os Reis católicos e maila alianza señorial (condes de Benavente, señor de Bembibre…). Velaí que os poderosos incentivan súas capitais, como vilas do Sil, do Burbia e de Boeza. Tamén son reformados os grandes mosteiros bercianos para forzar o centralismo castelao, evitar a intromisión da nobreza na súa xestión y un mejor control económico que les permite ser prestamistas. Incluso xorden outros novos (pena de Congosto, san Miguel das Donas, Anunciada, san Agustín e Concepción de Ponferrada… 

                No século XIX teñen lugar como guerras antinapoleónicas eo posterior triunfo da nova política liberal que derroca o Antigo réxime. Velaí a supresión das vellas instituciois, os señoríos, as provincias, os reximentos locais, tribunais, etc. Os liberais crean una organización municipal do Estado que sirva aos sus intereses políticos. El marquesado de Vilafranca se dividió en novos concellos (A Veiga, Trabadelo, Valboa, Barxas, Sigueia, A Baña, A Ponte…). Outro tanto acontece co señorío do mosteiro de santo André de Espiñareda (A Veiga, Candín, Peranzaes, Fabeiro…). Os grandes concellos territoriais desaparecen en Villablino, Palacios y Páramo. Xa non existirán como meirindades (Valcarce, Cornatelo…), nin coutos (Barxas, Corraes…), nin préstamo de Tabladillo nin quinteiría de Montes. En fin, novos concellos liberais sometidos ao poder central (xefes políticos ou gobernadores civís), elixidos polo sistema censitario (segundos ingresos económicos), todo ao servizo do sistema de control político caciquil.    



Coa chega do capitalismo industrial ao Bierzo, no século XX, xorden diversos centros mineros. Recordamos Villablino, Bembibre, Toreno, Ponferrada, etc. Incluso noutros hai desputas coas antigas capitais. Caso Villablino coa antigua capital de Villager de Laciana. Tamén Torre do Bierzo reclama ser municipio ante Albares da Ribeira. Pola súa banda, San Miguel de las Dueñas exige más protagonismo frente a Congosto, baseándose no seu potencial ferroviario e minero. Outro tanto acontece con Toural dos Vaos que consegue ser a capital ante Viladecaes, xa que a su funcionalidade industrial e ferroviaria favorece el novo desarrollo urbano. O cierto es que existe un largo proceso administrativo previo que levou primeiro o centro burocrático a Parandoes, coma punto intermedio entre los dos contendientes.

               

                 Tralo desenvolvemento económico e urbano da España periférica, chegou a emigración, eo despoboamento do rural berciano. A isto hai que engadir a mecanización agraria, como repoboaciois arbóreas, ou como políticas de precios dende centros capitalistas e bursátis mui lonxanos.   A consecuencia é que a meirande parte dos concellos rurales bercianos xa non poden prestar servicios axeitados aos seus viciños. Velaí a importancia do Consello comarcal como institución territorial que ben podría complementar a prestación deses servicios públicos deficitarios. Sen embargo, a Junta de Castela e León incentiva aínda mancomunidades competidoras no Bierzo que empecen o desenvolvemento administrativo planificado y rigoroso. Mentres que a Deputación leonesa no descentraliza no Consello comarcal cos criterios de eficacia, eficiencia y proximidade segundo a lealdade política debida. Para qué planificar otras políticas territoriales alternativas, mejor deixar que paseniño morran nosos concellos rurais no século XXI.

O Bierzo, xaneiro de 2025.

WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM