xoves, 13 de febreiro de 2025

O BIERZO NO FUTURO PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE GALICIA.

 

Libro El Bierzo provincial

EL BIERZO NO FUTURO PLAN DE

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE GALICIA.

                No Bierzo temos novas da reforma do Plan de normalización lingüística de Galicia. Sabemos da constitución de diversas comisiones de trabajo, entre ellas a de Proxección exterior do galego. Por suposto, entendemos que a problemática do galego no Bierzo ten de estar presente nese novo Plan de normalización. Por eso, queremos pesentar algunas propuestas a prol da promoción do nosos idioma territorial.

                A Lei autonómica de Nomalización lingüística de Galicia de 1983 fai referencia al chamado galego exterior. Esta denominación pode ser aplicada ao galego da emigración mais non para as comunidades galegofalantes do Eonavia, O Bierzo y As Portelas. Neste último caso debería denominarse coma galego estremeiro . Nestas tres comarcas hai una clarexa continuidade territorial e cultural coa Galiza, polo tanto nada dese “galego exterior”. A actual fronteira administrativa que divide as ditas comunidades lingüísticas non pode condicionar a nosa identidade cultural global e coletiva para nada. A dita Lei de Nomalización lingüística establece que “protexer a lingua galega hablada en territorios limítrofes coa Comunidade autónoma” (artigo 21.2). Expresamente lemos territorios limítrofes, logo digamos xa galego lindeiro ou estremeiro.



                No tema do ensino no Bierzo, podemos estudiar galego de xeito voluntario en diversos niveis educativos. Agora ben, reclamamos que o ensino do galego sexa de oferta obrigatoria nos centros escolares situados na área galegofalante histórica. Hai lexitimidade histórica e cultural para ofertar ensino galego en todos los colexios do Bierzo occidental.

                Falta uso administrativo del galego. El Consejo Comarcal del Bierzo puede principiar ese uso administrativo. Por iso cómpre esixir un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Junta de Castela e León y Consello comarcal. A Lei da Comarca de 2010 establece “a participación da Comarca do Bierzo nas actuaciois que realizan para a promoción da lingua galega” (art. 1.4). El Consejo Comarcal puede crear un servzo lingüístico con dito apoio institucional tripartito mediante un convenio o protocolo. Ese servizo lingüístico pode impartir cursos de galego, facer documentación bilingüe, fomento do galego nos concellos e pedanías, etc. 



                Hai una necesidade de recuperar nosa toponimia tradicional  na nosa lingua galega. Convén un acordo entre instituciois galegas (Comisión de toponimia e universidades galegas) e Consello comarcal para facer estudos toponímicos, publicaciois de investigaciois e colocación de nova sinalización toponímica axeitada.

                Todos sabemos da sintonización de TVGalega por muitos bercianos e bercianas. Mais botamos de menos unha mellor atención informativa da nosa rexión, máis contidos locais, establecemento do correspondente profesional, mellora técnica do repetidor de Corullón, convenio de colaboración informativa coa TVCYL en Ponferrada, etc. Ademáis, habería que axudar aos xornais dixitais do Bierzo para que tiveran aceso ás subvenciois en materia de uso da lingua galega. 



                En materia cultural, pódese fomentar o uso del galego en publicaciois do Consello comarcal, do Instituto de estudos bercianos e da Universidade leonesa no seu campus de Ponferrada. As universidades galegas poden establecer colaboraciois con estas instituciois do Bierzo en relación con futuros estudos históricos, xeogáficos, filolóxicos, etc.

                Outras intervenciois socioculturais de Galicia poderían ser compartilladas no Bierzo. Son os casos do Día das letras galegas que debería conceder unha atención especial cos galegofalantes e non tanto a persoeiros destas comarcas. Hai que continuar a colaboración coa Xunta de Galicia na celebración del Día do galego no Bierzo (9 de marzo), cos seus actos escolares. Non pasamos por alto a necesidade de prover de libros en galego de balde ás bibliotecas municipais e escolares do Bierzo. Certas exposiciois culturais de Galicia ben podrían viajar tamén prá nosa rexión. A festa de Correlingua ten de chegar ao Bierzo algún día coa axuda dos organizadores de Galicia.

El Bierzo, febreiro de 2025

Ningún comentario:

Publicar un comentario