luns, 13 de xaneiro de 2025

NOVA VIAXE PARA LISBOA

 

libro El Bierzo provincial

A VIAXE PARA LISBOA,

Por Xabier Lago Mestre.

Trala longa noite de viaxe chegamos co amencer á cidade de Lisboa. O complexo de transportes da estación de Oriente abangue varios andares , abaixo o metro, enriba os comboios e no medio os autocarros. Nós saímos fóra para ver o novidoso barrio da antiga exposición universal de 1998. Eiquí desfrutamos de edificios ben modernos. Son os casos da torre Vasco da Gama, o pavillón desportivo Meo Arena, Oceanario, etc. Non falta a foto ante a escultura do lince de cores de tanta sona internacional. Máis lonxe a longa ponte sobre o río Tejo. Dende esta zona collemos un bus 728 que percorre toda a ribeira para ir até a estremeira feguesía de Belém.

                Xa en Belém, veciño de Lisboa, nova foto ante o Pedrao dos descobrimentos, que representa aos grandes navegantes portugueses. Velaí tamén o grande mosteiro dos Jerónimos coas súas longas ringleiras de visitantes. Máis aló, o palacio de Ajuda co seu xardín botánico. Outros edificios para ver, os museos da eletricidade e de coches antiguos de cabalos dos monarcas lusos. Maís aló, a torre de Belém e o forte do Bom Sucesso, que formaron parte das defesas militares co forte alto do duque. Hai unha antiga central elética de ladrillo que nos recorda a que temos en Ponferrada da Msp.  Ao lonxe, o palacio de Congresos e a ponte colorada de 25 de abril que cruza para Almada onde hai un alto Cristo que nos semella o lonxano brasileiro. Para nosoutros é especial tomar un comboio para ir á cercana localidade perta de Carcavelos, que soa a Cacabelos do Bierzo. No seu forte de sao Juliao da Barra estivo na cadea o crego Diego Muñoz Torrero. Este canónigo liberal da colexiata de Vilafranca morreu neste castelo pola represión dos realistas portugueses en 1829.

Praza do Comecio em Lisboa


                De volta para Lisboa, subimos á basílica da Estrela, onde repousamos no seu xardín antiguo do conde de Tomar. Depois andaina até o palacio de sao Bento, sede do Parlamento luso. Eiquí suben e baixan os fotoxénicos elétricos. Neste barrio Alto continuamos pola rúa do Combro, para atopar o curioso elevador da Bica que baixa para a ribeira. A seguir pola rúa comercial de Garret no coñecido bairro de Chiado. Que non falten as fotos ante as esculturas do Pessoa sedente e Luís de Camoes. No interior do Chiado, visita obrigada das variadas prazas centrais do Comercio, Concello, Pedro IV, Figueira e Rossio. Muita tranquilidade para o desfrute das súas turísticas rúas cheas de comercios. Desfruta do solpor do grande río Tejo coma tantos turistas namoados mentres as castañeiras fumean.

                Se aínda hai forzas físicas, subir para o barrio da Mouraría a visitar o castelo de Sao Jorge, e tamén o barrio de Alfama. Nestes casarios tradicionais estiveron na Idade media as minorías relixiosas respeitivas. Por eiqui están a Sé de Lisboa e Santa Engracia, panteao nacional dos portugueses ilustres. Para abaixo o museo militar xunta a estacao de comboios de Santa Apolonia. Por estas estreitas rúas aínda circulan os vellos tranvías e hai bos miradoiros.

Parlamento de Portugal


                Se voltamos para o barrio de Rossio, que non falte a praza dos Restauradores que recorda a vitoria militar e a independencia dos portugueses contra os españois no século XVII. Eiquí hai dous elevadores amarelos, enfrontados, o da Gloria para o miradoiro de Sao Pedro de Alcántara, e o da Lavra para o hospital de Sao Jose, onde hai un bo mercado. Adiante da ampla avenida da Liberdade, atopamos a alta escultura do marqués de Pombal. Este foi quen reconstruiu a cidade depois do terramoto de 1755. Novo descanso no parque de Eduardo VII, rei inglés benquerido polos seus aliados lusos. Máis para o norte o barrio de Entre campos, onde existe unha praza de touros mourisca, agora centro comercial. Contiguo o barrio de Sete ríos, coa Cidade universitaria e o estadio colorado da Luz do futebol Benfica. Novémonos polo complexo de transportes subterráneo, entre metro e autocarros, procuramos noso veículo. Xa non hai máis tempo, a escuridade cobre noso sono de volta a España. Muita saudade Portugal!

O Bierzo, xaneiro de 2025

Ningún comentario:

Publicar un comentario