INFORMACIÓN SOBRE NUESTRA REGIÓN DE EL BIERZO: HISTORIA, PROVINCIALISMO,DESCENTRALIZACIÓN, TRADICIONES, LENGUAS, PEDANÍAS, COSTUMBRES, ETC.
venres, 30 de setembro de 2016
REFRANEIRO LABREGO DOS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO NO BIERZO.
REFRANEIRO LABREGO DA REXIÓN DO BIERZO,
por Xabier Lago Mestre,
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo,
falaceibe@yahoo.es
BERCIANO REFRANEIRO DO MES DE AGOSTO.
“Se non chove en agosto, non hai magosto” (as choivas boas para os castiñeiros).
“Agosto fina o rostro”.
"En agosto, arder, e en setembro chover".
“En agosto secan os montes e en setembro secan as fontes”.
“Por S. Lorenzo (10 de agosto) calura, por s. Vicente (22 de xaneiro) friura”.
CONSELLOS AGROGANDEIROS DO MES DE AGOSTO.
"Agosto madura e setembro vendima"
"Chuvia de agosto, máis mel e máis mosto"
"Auga de agosto, quita viño e non da mosto".
“Por San Lorenzo (10 de agosto) recóllese o orégano para que non arda a casa”.
“Por San Bartolo (24 de agosto) planta o repolo”.
"Polo S. Bartolomé, tronada arreo" (abundancia de tronadas no Bierzo).
“Por Santa Mariña (14 de agosto) vai ver a túa viña, e se mal a atopas, mal a vendimarás”.
“O que non mallou que mallara, que agosto xa pasou, auga para os nabos”.
“Se se quer magosto, ten que chover en agosto” (a boa relación entre chuvias temperás e castañas).
"Prá boa sementeira, por San Bartolomé (24 de agosto), as augas primeiras".
"As castañas, en agosto arder, e en setembro beber" (El habla de Toreno).
REFRAIS DO MES DE SETEMBRO:
“En setembro, sembra e cobre” (cóbrase pola venda de froitos e de novo sementeira).
"Por setembro quen teña trigo que sembre" (El Habla de Toreno, FGG.)
"Setembro, ou chea os ríos ou a auga escasea".
"En setembro arden os montes e secan as fontes".
"En setembro colle o viño e non durmas no camiño"
RECORDOS DA VIRXE DA ENCINA.
“Pasada a Encina (8 de setembro), o inverno xa está enriba”.
"Pola Encina, auga encima".
“Pola Encina, augas mil” (porque chove moito por esa data).
XA CHEGOU SAN MIGUEL.
“San Miguel (29 de setembro), ponme a alma no peso do ben”.
"Polo S. Miguel están as unvas coma o mel"
"Dende S. Miguel pasado, rega pouco o teu prado" (por Manuel Rodríguez y Rodríguez).
"Se queres bo mel por s. Miguel".
"Polo S. Xil (1 de setembro), xa hai que acender o candil" (porque merman os días).
SAN MATEO ANUNCIA VENDIMA.
"Polo Mateo (21 de setembro) vendima a cheo".
"Polo san Mateu cada un vendima o seu.[13]
"Polo san Mateu ou vendimas tu ou vendimo eu.
"Polo san Mateu, sementa ti, semento eu".
"Polo S. Mateo vendimas arreo" (pleno tempo das vendimas)
"Polo S. Mateo (21 de setembro)tanto vexo coma non vexo" (pola presenza do equinocio)
O BIERZO, SETEMBRO DE 2016.
WWW.BIERZOFREE.BLOGSPOT.COM
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario