domingo, 29 de decembro de 2024

AS RELACIOIS LINGÜÍSTICAS DE PODER.

 

Libro El Bierzo provincial 


AS RELACIOIS LINGÜÍSTICAS DE PODER,

Por Xabier Lago Mestre.

Todos estamos baixo a influenza das variadas relaciones de poder, sexan políticas, económicas, culturales, relixiosas, etc. Por suposto, as linguas, coma principal medio de comunicación humana, non quedan fóra do influxo dos diversos poderes. Podemos ter una lingua materna mais podes verte obrigado a non falala por presiois foráneas. Os bercianos galegofalantes tiveron que falar castelao para comunicarse cos novos oficiais da Coroa, chegados de Castela, a fines del século XV tras la derrota del conde de Lemos. Hoxe hai que saber o idioma inglés para ter acceso a información internacional, o a meirande parte de internet. Podemos decir que hai una   xerarquización lingüística a nivel mundial segundo o número de falantes, casos do inglés, chines, indi, español, etc.

As grandes maiorías lingüísticas fixan as condiciois de comunicación, e as minorías culturalis teñen grandes dificultades para existir cando non se recoñecen os seus dereitos lingüísticos. Este es el caso del galego del Bierzo. Resulta que unos políticos que gobernan dende Valladolid condicionan la existencia de dos galegofalantes do Bierzo. Por suposto aquellos no reconocen os nosos dereitos lingüísticos na Comunidade autónoma de Castela e León. Isto é unha ultraxe porque os cidadaos de Galicia sí teñen dereitos bilingües, mientras que os bercianos que falamos o mesmo galego non. Para fundamentar esta diferencia de trato, los políticos de Castela fijaron una frontera artificial, en el puerto de Pedrafita do Cebreiro, que afasta una mesma comunidade lingüística histórica.



En que cabeza cabe que o noso galego, que ten recoñecemento expreso no Estatuto de Castela e León (art. 5.3), siga sen admitir os nosos dereitos lingüísticos, individuais e coletivos. Si, podemos estudiar galego no Bierzo nos centros escolares, agora ben, que pasa co uso administrativo no Consello comarcal, concellos e pedanías. Por suposto, non se pode utilizar o galego nas Cortes autonómicas, nin na Deputación de León, nin no campus universitario de Ponferrada. Eiquí hai muitos vetos ao galego do Bierzo. Xa se sabe, a mayoría política castelá manda e pasa da defensa e fomento do galego. El contenido de la Carta europea de lenguas rexionais y minoritarias está incumplido año tras año polos políticos castelaos.

Pola outra banda, recordamos cando o leonesismo atacada calquera iniciativa berciana a prol do galego (ensino, bilingüismo, rotulación toponímica, etc). O relato político leonesista non para de acusar de invasión galeguista, imposición normativa, destrucción das falas leonesas, etc.   Curioso que muitos leoneses que atacan o galego, non falan para nada o leonés, trátase máis ben de defender a unidade territorial da su provincia que consideran ameazada polos chamados foráneos galeguistas. Por supuesto, esta división das minorías veciñas sae beneficiada a la mayoría castelá que pasa por la resolución de esta problemática lingüística. Así non hai interese político de aprobar nas Cortes rexionais a necesaria Lei de linguas de Castela e León.



Además de políticos y leonesistas antigalegos existen intelectuales que se resisten a la promoción del galego do Bierzo. Este es el caso de ciertos investigadores que pescudan nas culturas rurales. Conocemos dos estudios de la etnógrafa Concha Casado sobre Cabreira y el filólogo Valentín García Yebra sobre Ancares. Pois ben, esos persoeiros no querían que se alterase o seu obxeto de estudo, como falas locais. Polo tanto vían un perigo nos intentos de normalizar e normativizar a linguas rexionais, por iso provocan esas forzadas divisiois locais en falas, variantes, dialetos, etc.

Os galegofalantes do Bierzo temos que luitar acotío contra dos que din que eiquí non hai unidade. Todo es válido para dividir, por iso existe o su dialeto berciano, tamén esos galegoleonés, ademáis dos valegos (ancarés, fornelo e cabreirés), e incluso as falas máis locais, bañes (A Baña) e torenés. Y para otros, todo está tan mesturado sen xeito que hai que denominalo chapurreao e punto final. Ante estos intentos de confusión xeral, hai que engadir a concienciación lingüística fundamental. Os galegofalantes sabemos ben o que falamos, o idioma galego. Que somos nosoutros, o bercianos, os que temos que denominamos nosa lingua, e non os políticos, filólogos o inteletuais foráneos á nosa realidade cultural. Porque falamos o que nos peta e como nos dá a gana.



Finalmente sentenciamos que as grandes linguas teñen evolucionado siempre. Un ejemplo, ¿Miguel de Cervantes podría entender el idioma español de hoxe? Apostamos a que non. ¿Resulta igual o inglés de Inglaterra que o da India? Cantas diferenzas hai entre o castelao de Castela eo español de Hispanoamérica?. Estas grandes lenguas están normativizadas y normalizadas coa axuda dos grandes poderes políticos, económicos y culturales que procuran  adoptar como unificaciois actuales. Sen embargo o galego do Bierzo é criticado por pretender vincallos lingüísticos con Galicia y Portugal, cos cales compartimos idioma histórico común. Todo é válido para dividir as minorías lingüísticas que son cualificadas de perigosas para as maiorías culturalis.

 

O Bierzo, xaneiro de 2025

xoves, 19 de decembro de 2024

A NOSA HISTORIA PROVINCIAL BERCIANA.

 

libro El Bierzo provincial 


NOSA HISTORIA PROVINCIAL BERCIANA,

Por Xabier Lago Mestre.

Sempre que hai un novo pulo leonesista pola súa autonomía rexional renace o debate bercianista. Si, ese que se refire a que se se crea a rexión leonesa habería que reclamar a recuperación da provincia do Bierzo. Pro suposto, o alcalde de León di, primeiro acadar a rexión leonesa e depois xa virá quizais esa provincia berciana. No fondo sempre cuestionan a provincia do Bierzo. Para o leonesismo político ese é un obxetivo subordinado e secundario. A historiografía leonesa admite que a nosa provincia carece de interese ante o grande reino medieval leonés.

                O certo é que o Bicentenario da provincia do Bierzo (2021) vai significar a data da dignificación desta institución. As pescudas historiográficas teñen valorizado as dúas provincias, a do Antigo réxime e a liberal de Vilafranca. Recordamos que foron os Reis católicos os que crearon a provincia berciana en 1486, trala derrota do conde de Lemos. Eliminar ese poder señorial supuxo fixar un novo poder reguengo. A Coroa puido así reorganizar este territorio (denominación, delimitación, institucionalización, burocratización, etc) de cara a inserilo mellor nas variadas dinámicas reais (goberno, fiscalidade, militarización, etc). Para executar as políticas reais se estableceron sucesivos correxidores na capital da provincia do Bierzo, Ponferrada, ademáis da nova burocratización (oficiais, lingua escrita castelá, documentación…). Por suposto, que esta institucionalización provincial foi de mínimos ao inicio mais medrou progresivamente co paso dos séculos.



                Esta provincia da Idade moderna (séculos XVI ao XVIII) creou unha identidade coletiva berciana, a nivel territorial e institucional, que se estendeu polos territorios máis estremeiros (Fornela, Valcarce, Aguiar, A Cabreira, etc). A isto contribuiu a xerarquía funcional de Ponferrada porque as relaciois acotío con ela, de toda tipoloxía (xudicial, gobernativa, comercial, fiscal, militar…) estableceron novos vincallos entre todos os bercianos que forneceron a socialización desde lugares mui lonxanos (montañas, vales, aldeas…). Mentres que Vilafranca tamén foi centro funcional menor, alternativo ao ser capital do amplo marquesado.

                Nos arquivos atopamos centos de legaxos onde xorden numerosas referencias á provincia do Bierzo. Referímonos a documentos reais (Consello real), xudiciais (Chancelería de Valladolid), militares (Sarxentía maior de León), fiscais (Contaduría, Rentas, Tesourería…), etc. Incluso nas actas da Cortes de Castilla hai demandas bercianas claras, “poque hiço esta gracia al Reyno de Galicia y demás lugares referidos de la provincia de León son los mismos que se vale la provincia de Ponferrada” (1657). Si, lemos tres identidades territoriais e institucionais, a saber, reino de Galicia e provincias de León y Ponferrada. Por suposto, a cartografía fixo unha peculiar representación espacial do Bierzo, coma territorio ben illado polas montañas de Galicia, Asturias e León. Incluso o xeógrafo Tomás López debuxou un mapa no que consta expresamente a nosa provincia do Bierzo (1786), individualizada da provincia de León.   



                A comezos do século XIX ten lugar a guerra napoleónica que ataca o réxime señorial. Situación que é aproveitada polo sistema político liberal para derrubar o Antigo réxime. Velaí a eliminación das antigas instituciois coma as provincias, tribunais, señoríos, concellos, etc. Por suposto, créanse novas instituciois ao servizo do novo réxime político, caso das provincias. Entre elas a de Vilafranca do Bierzo, tan diferente da anterior, co seu xefe político e deputación colexial. Por desgraza a reación monárquica derrotou aos liberáis do Trienio liberal (1823) e facilitou a volta do réxime absolutista. A seguir, os provincialistas bercianos seguiron reclamando a recuperación da provincia, sen resultado positivo ante o medre do rexionalismo periférico español.

                O provincialismo histórico berciano ten sido reinterpretado. Durante séculos houbo un descoñecemento secular por parte da meirande  parte da cidadanía, políticos e inteletuais. A chegada da Estado autonómico posibilitou a reclamación provincialista, aínda que non se mudou o mapa provincial español, e houbo que conformarse coa creación da Comarcal legal (1991). No século XXI, o provincialismo histórico berciano tamén fundamenta as reclamaciois descentralizadoras fronte á Junta de Castela e León e Deputación de León. O Bierzo ten lexitimidade histórica para reclamar o axeitado recoñecemento territorial e institucional. Sen embargo, hai certo leonesismo que segue a negar a descentralización para O Bierzo porque acusan de dividir a provincia leonesa coa existencia da Comarca de hoxe, e outro tanto acontece co fomento da perigosa lingua galega que cualifican de foránea. Canto descoñecemento da historia e da cultura do Bierzo aínda!.

 

O Bierzo, decembro de 2024.

luns, 16 de decembro de 2024

CRITICAS Á REAL ACADEMIA GALEGA DESDE O BIERZO.

 

Libro El Bierzo provincial

CRÍTICAS Á REAL ACADEMIA GALEGA,

Por Xabier Lago Mestre.

A Real Academia Galega (RAG) vén de emitir un documento titulado “Declaración institucional da Real Academia Galega a prol dun pacto pola lingua”. Este manifesto amosa a súa preocupación institucional pola grave problemática do idioma galego na Comunidade autónoma. Principalmente salienta a progresiva merma de falantes desta lingua. Ademais propón diversas medidas para mudar esta dinámica negativa. Por suposto que é doado estar dacordo co contido da dita declaración. Agora ben, queremos criticar que se esqueza unha vez máis calquera expresa mención á problemática do galego nas bisbarras estremeiras, Eonavia, Seabra, Val de Xálama e O Bierzo.

                Abraia que os numerosos académicos e correspondentes da devandita Real Academia Galega non tiveran en conta que tamén hai falantes galegos nos ditos territorios lindeiros. Coido que os falantes estremeiros temos dereito e lexitimidade para protestar por este esquecemento, voluntario ou non, da nosa existencia hoxe. Levamos séculos de resistencia ativa contra os gobernos foráneos de Asturias, León, Castela e Estremadura polo mantemento do noso idioma galego. Agora vemos coma se nos ignora á hora de analizar a problemática do galego no ano 2024.



Lembramos que a vella Lei de nomalización lingüística de Galicia (1983) tivo o acerto de lembrar a existencia do galego estremeiro. No seu título V xorde o “Galego exterior”, e no seu artigo lemos “protexer a lingua galega falada en territorios limítrofes con la Comunidade autónoma” (21.2). O idioma galegoasturiano ten recoñecemento no Estatuto de Asturias (art. 2), o galego expresamente admitido no Estatuto de Castela e León (art. 5.3) e a chamada Fala no Estatuto de Estremadura (art. 9.47), declarada ben de interese cultural en 2001. Dende logo non teñen sido doados estes recoñecementos legais para o galego estremeiro porque detrás hai muitas décadas de reivindicación social. Por iso doe tanto que a RAG faga esta desfeita coas nosas minorías estremeiras na súa declaración institucional.

                Máis aló da posible dialetización do galego no noroeste peninsular, todos temos conciencia de falar a mesma lingua. Velaí a luita acotío pola normalización no uso deste idioma fronte á imposición doutros (asturiano, leonés e castelao). Acúsannos de colonizar territorios non galegos, impoñer o ensino do galego, rematar cos dialetos locais, espallar o galego normativo de Compostela, crear toponimias foráneas, fixar sinalización bilingüe, etc. En Asturias din que non se existe o galego senón a fala de eonavia. Pola outra banda, os leonesistas odian o galleguismo lingüístico do Bierzo porque cuestiona a súa identidade territorial e política fronte a Castela.     



Cando temos de ler a declaración antedita sentímonos máis sós aínda. Non hai razón para este novo esquecemento da nosa existencia lingüística. Se morre paseniño o noso galego estremeiro tamén rematará parte do idioma da Comunidade autónoma de Galicia. Tantos académicos sobranceiros e non toman conciencia desta realidade lingüística incuestionable. Será isto polos prexuízos dos académicos ou polos medos a outros conflitos políticos, propios ou foráneos?. Dános igual! nas bisbarras estremeiras seguiremos a resistir mentres haxa falantes orgullosos de falarmos galego.

 

O Bierzo, decembro de 2024.

WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM

luns, 9 de decembro de 2024

OS MONTES COMUNAIS DO BIERZO.

 

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


OS MONTES COMUNAIS DO BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre.

Cando percorremos os montes bercianos tomamos conciencia do abandono do rural. Desfrutamos da diversidade da paisaxe, as varias formas orográficas, as ribeiras cheas de árbores de folla caduca, os pradoiros sen sega, as hortiñas sen cavaduras, os soutos de castañeiros, as carballeiras e as fragas, os montes cheos de matoeira diversa, nas zonas rocosas de penedoiros e cárcavas, etc. Sen embargo, no pasado lonxano isto non foi así, porque os montes estaban explotados ou en descanso (poulas) pola veciñanza das súas localidades.

                Salientamos a importancia dos concellos bercianos na explotación dos montes comunais. Había un continuado traballo veciñal nese terrádego. Está ben dar a coñecer o proceso coletivo de explotación deses montes sempre coñecidos no Bierzo coma searas, cavadas, bouzas, rozadas, etc. O primeiro traballo do concello era elixir o terreo do futuro cultivo entre os sucesivos montes propios. Depois a veciñanza sachaba o terreo co pesado legón. A seguir tiña lugar a queima limitada para evitar a súa propagación descontrolada. As cinzas servían de abono vexetal. Logo a sementeira segundo fose centeo, trigo, toxo ou herba. Tamén hai abono con estrume traido das cortes dos animais domésticos que se esbardallaba polas novas terras de cultivo. 



                Os concellos rurais dividían o amplo terreo comunal cultivado, chamado agra, en porciois de eiros (sortes) para o cultivo particular polos veciños. Tanto a agra coma os eiros eran delimitados de forma temporal por materia vexetal para empecer a entrada dos animais. Trala colleita tiña lugar a malla comunal. Na mesma malla podía facerse o reparto do froito para os pagos varios, así das rendas señoriais ou dos diezmos parroquiais. Por suposto, eses montes comunais, recentemente traballados, necesitaban de longos períodos de descanso (poulos) para recuperar futuras produtividades agrarias, mais tiñan a visita anual dos gandos.

                Unha peculiar explotación dos montes era a do toxo nas zonas gandeiras. O terno toxo era pasto para cabalos, cabras, ovellas ou vacas. A pranta arbustiva servía de estrume e fertilizante, que maceraba nas cortes cos excrementos dos animais e que tiraban para as terras de labor coma mellor abono. Cando o toxo estaba mui medrado, metían lume nas toxeiras, logo entraban e cavaban as súas raiceiras de xeito comunal, ademáis do arranque desas plantas, posteriormente a sementeira e xermolan os bos toxos. Recordamos que a madeira de toxo tamén se aproveitaba como combustible nas lareiras das moradas veciñais.

                Outros terreos de pastos foron os pasteiros e enchoupadas lameiras, ademáis das morteiras e alzadas para pastos das grandes bestas (vacas, cabalos e bois). Mentres as brañas  foron durante séculos alugadas aos rabaños de ovellas meirinas de Castela que emigraban até O Bierzo. Dende logo esas brañas significaron grandes ingresos monetarios para os concellos rurais. Por suposto, os grandes señores luitaron pola posesión das serras e portos Ancares, Fonela ou Gistredo) para a súa cesión aos gandeiros mesteños. Velaí a conflitividade provocada polos condes de Luna, marqueses de Vilafranca e abadía de santo Andrés de Espiñareda cos concellos rurais.



                Os peculiares bosques bercianos tiveron unha importante explotación comunal. Ben o sabemos dos soutos coas súas castañas, follas, ramaxe e madeiras. Outro tanto coas carballeiras da mellor madeira. E qué decir das sufreiras, enciñas e rebolos, cuxos froitos alimentaron a tantas piaras de gochos bercianos. O carbón vexetal tivo muita importancia como combustible  das grandes vilas bercianas cando o carbón mineral non tiña aínda aproveitamento masivo.

A DEFESA DO COMUNAL BERCIANO.

                A conflitividade polo aproveitamento dos recursos agrarios e gandeiros foi secular. Os concellos desputaron secularmente contra os señores polas terras, froitos e rendas. Tamén os concellos bercianos preitearon entre eles polos bens comunais (madeiras, pastos, fontes, etc). Tiveron de ser os tribunais os que ditasen sentenzas ante os desacordos entre concellos. Algúns destes endebedáronse para levar os seus longos preitos até a Chancelería de Valladolid, case nada!. Este foi o caso da Devesa do Fabeiro, entre o concello de Ponferrada e o mosteiro de Carracedo. En principio todos os montes tiveron un titular único, a Coroa de Castela, velaí a intervención do correxidor de Ponferrada, representante real na provincia do Bierzo, na defesa de ditas propiedades boscosas. Foi a Coroa quen cedeu parcialmente os montes aos señores (laicos ou mosteiros) e concellos rurais (autorización para novas roturaciois).

                No século XIX, o novo réxime liberal favoreceu o individualismo económico fronte ao coletivismo secular dos bens comentados. Os bens comunais non tiñan titulares individuais polo que non se podían segregar ou vender. A súa propiedade era veciñal, xestionada polos concellos. O réxime político liberal aprobou varias desamortizaciois para apropiarse deses bens comunais. Incluso eliminou a personalidade administrativa dos concellos rurais, empecendo a xestión dos seus bens comunais, e así dar máis poder aos novos concellos municipais.



                A ditadura franquista forzou as repoboaciois vexetais con piñeiros. Rexurdiu a resistencia dos concellos rurais na defesa dos seus bens comunais, xa que se vetaba o pastoreo. O franquismo, en alianza co capitalismo económico, necesitaba madeira para as novas atividades industriais (mineiría, ferrocarril, hidroelétricas, cementeiras, vivendas, etc). O novo desenvolvemento urbano periférico significou emigración e despoboamento rural progresivo. Así a economía agrogandeira perdeu importancia e competitividade sen xeito. Logo o Estado das autonomías creou consellerías de medio ambiente que restrinxiron os aproveitamentos dos bens comunais (madeiras, pastoreo, vivendas, etc) polos concellos rurais. Curioso resulta a proteción administrativa que se fai das grandes empresas (canteiras, louxeiras e eólicas) tan contaminantes fronte ás veciñanzas rurais que non poden plantar arboredo, realizar cultivos agrarios, facer entresacas nos montes, abrir camiños, etc. Está claro que hoxe se impón unha política urbanita (turismo rural temporal, paisaxe salvaxe, baixos prezos agrarios, gasto contra incendios…) que provoca a desfeita total da economía rural.

 

O Bierzo, decembro de 2024.

WWW.BIERZOFREE.BLOGSPOT.COM

martes, 19 de novembro de 2024

AXUSTANDO MELLOR O BIERZO A LEÓN.

 

libro El Bierzo provincial 

AXUSTANDO MELLOR O BIERZO A LEÓN,

Por Xabier Lago Mestre.

                Dende hai décadas o leonesismo perpetúa esta ideoloxía por máis da edición de sucesivos libros con diversas temáticas. Así atopamos a repetitiva historia romana e medieval, a literatura localista, o costumismo das tradiciois, os traballos filolóxicos sobre a lingua leonesa, etc. Hoxe temos nas mans un libro sobre a reforma territorial española (Astorga, 2024), de Javier Sánchez   Badiola. Merece o noso interese polas referencias que fai ao Bierzo e que ben poden ser comentadas. Curiosamente, as diversas propuestas bibliográficas sobre León no mercado sempre fuxen da problemática berciana. Supoño que piensa que ignorando la singularidad berciana se fundamenta mejor o su leonesismo.

                Entramos en el libro del sr. Badiola e lemos no capítulo dedicado ao Bierzo, titulado “la personalidad del territorio berciano se funda en una realidad”. Salienta a diversidade berciana nas opiniois de diversos escritores pretéritos. Velaí, o antigo refrán “Galicia es la huerta y Ponferrada la puerta”, o cando Fernando Colón escribíu “llave de Galizya (…) cabeça del verço en el Reino de León”. Segue a recoller outras opiniois lonxanas que lle levan a concluye do Bierzo, “su galleguidad, su leonesidad, su carácter transitorio”, nada novo pois. Sin embargo, botamos en falta otros más testemuños dos que apostan pola integración histórica do Bierzo na Galicia.



El autor no puede negar cierta caracterización bercianista sin igual en León, “un acervado particularismo que marca distancia con las comarcas vecinas”. Por todo esto, “ha desarrollado una peculiar actitud reivindicativa desconocida en otras latitudes, fácilmente encorada hacia posiciones comarcalistas y aun provincialistas”. Si, o provincialismo que Badiola desprestixia siempre que diez oportunidade “se nos antoja poco realista”, ¿fará o mesmo co segregacionismo leonesista de Castela?.

Pola outra banda, respeito á nuestra caracterización identitaria, escribe Badiola, “siendo evidente el mayor apego de los bercianos a los elementos simbólicos propios que a los leoneses y su menor rechazo a los castellanos o castellano-leoneses que el resto de la provincia” . Logo reconoce un menor rexito castelao no Bierzo ca en León. Esto significa un atranco para el leonesismo político segregacionista de Castela. Tamén salienta o autor “la popularidad de la flamante bandera local (…) frente al escaso empleo de la leonesa y el éxito de las bandas gaiteras de inspiración gallega”. De seguro que muchos teñen visto os derbis entre a Ponfe e maila cultural onde hai algo máis que rivalidade deportiva. Todo o dito cuestiona parcialmente a identidade leonesa no Bierzo.



Por suposto, non podría faltar una problemática lingüística tan pouco entendida polo leonesismo. El autor reconoce “que el gallego ha tenido, y tiene mayor prestigio social en la comarca que el leonés, y que su empuje ha condicionado su habla y toponimia”. Iso si, deixa caer referencias pexorativas, coma o colonialismo galeguista que despraza ao pachuezo ou sustitución de topónimos leoneses. Polo menos o Badiola admite “a la hora de perfilar un dialecto propio, el elegido suele pertenecer al dominio galaico”. Semella non entender aínda que no Bierzo falamos idioma galego, nada dun dialeto inconcreto.

                Por suposto, non falta a pescuda na historia berciana polo autor. Céntrase no período medieval, tan do gusto leonesista. Por iso analiza como divisiois territoriais internas do Bierzo polo miúdo. No Bierzo alto, O Bierzo Baixo, Valcarce, A Somoza, Cornatelo, A Cabreia Baixa, Ribas do Sil de Abaixo, etc. Varias páxinas analizan o medievalismo berciano, agora ben, para a Idade Moderna case nada. Menciona acontecementos relacionados con el condado de Lemos, el marquesado de Vilafranca y un memorando de la villa de Ponferrada contra el centralismo do Adelantamento leonés (1563). Todo este relato histórico, será útil para ignorar el reconocimiento de la Provincia del Bierzo durante todo el Antiguo Réxime.   Iso sí, catro palabras de mención da provincia de Vilafranca do Bierzo. E outro salto até a Comarca legal do Bierzo (1991). Desa historia berciana que non interesa no seu argumentario hai máis ben truco de maxia. Por cierto, nada de citar os novos libros sobre el provincialismo do Bierzo editados polo Bicentenario.



                El señor Badiola propón la creación de dos partidos territoriales para León y O Bierzo. Este último partido incluye “Ribas del Sil de Abajo” y “Rivera y Losada”, con estas denominaciois antigas. Aparte destes dos partidos defienden la existencia de municipios, concellos/valle e   aldeas. O auto amósase contrario ao recoñecemento das comarcas históricas de León, “en nuestro tiempo, la identidad y los propios gentilicios comarcales van desapareciendo del lenguaje, dejan de ser referentes habituales, suprimidos por otras identidades y otras inquietudes”. Por supuesto, también critica a Comarca do Bierzo, “aunque sigan existiendo dudas acerca de sus competencias, pero queda por saber la forma en que se distribuirá el resto de la provincia”.

Defende no seu libro a bipolarización da provincia en dos núcleos urbanos (León y Ponferrada). Todo el resto del territorio provincial queda ordenado e xerarquizado segundo esas dúas ciudades, “espacios como El Bierzo o la Montaña no pueden simplemente ignorarse o equipararse a otros como Laciana o la Valdería, sino ocupar un nivel superior, agrupando diversas comarcas menores”. Estas palabras deixan clarexo quen non aposta pola comarca de Laciana. O Badiola remata con una idea de “dos grandes partidos de tiempos pretéritos cuyo papel es necesario reconocer y reforzar”, por suposto, referencias históricas a León e O Bierzo (coma partido fiscal e provincia). De seguro isto non gusta a eses leoneses que din que O Bierzo só é una comarca natural máis da su rexión leonesa.

 

El Bierzo, noviembre de 2024.

www.obierzoceibe.blogspot.com

domingo, 17 de novembro de 2024

QUEJAS CONTRA EL INSTITUTO LEONÉS DE CULTURA POR ANTIGALLEGO

 

libro El Bierzo povincial

QUEJAS CONTRA DINÁMICA ANTIGALLEGA

DEL INSTITUTO LEONÉS DE CULTURA

ANTE PROCURADOR DEL COMÚN

POR COLECTIVO FALA CEIBE DO BIERZO.

 

El Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo se dirige al Procurador del Común de Castilla y León para formularle una serie de quejas contra la dinámica antigallega del Instituto leonés de cultura dependiente de la Diputación leonesa. Indicamos que el idioma gallego de El Bierzo está protegido por el Estatuto de Autonomía de Castilla y León, “gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares en que habitualmente se utilice” (at. 5.3). Otro tanto acontece expresamente con la Ley de creación de la Comarca de El Bierzo (art. 1.4). A esto añadimos el amparo legal de la Carta europea de Lenguas regionales y minoritarias (1992). Seguidamente indicamos las diversas quejas que tenemos contra la dinámica antigallega de la Diputación de León.

                Recientemente el Instituto leonés de cultura ha editado una unidad didáctica titulada Conociendo la lengua leonesa, para profesores y alumnado. Por supuesto no acontece lo mismo con la lengua gallega de El Bierzo que es ignorada de nuevo.



                Por otra parte, dicho Instituto convoca subvenciones para la celebración de talleres culturales por los ayuntamientos y juntas vecinales. Estos talleres se refieren al fomento del patrimonio leonés (lucha leonesa, bolos, pendones, etc), tampoco aquí hay referencia a la lengua gallega, sí a la leonesa.

                La nueva revista de la Diputación leonesa se llama Feje (2022). En sus primeros atículos no aparece para nada la lengua gallega. Se insiste en que sean “redactados preferiblemente en español”. Desincentivando así el uso del idioma gallego de El Bierzo, insistiendo expresamente en que haya un “resumen del contenido del trabajo en español e inglés”. Esta dinámica antigallega de la Diputación ya viene de lejos. El Boletín provincial de León (1834) nada tiene publicado en gallego, y la desaparecida revista de estudios, Tierras de León (1961), tampoco mostró interés por el gallego en sus escritos. Además, las páginas web de la Diputación y del Instituto leonés de cultura ignoran la presencia del idioma gallego.

                En la Biblioteca provincial “Domingo Berrueta” (1928) y bibliobús los libros y materiales en gallego son testimoniales. Fala Ceibe donó hace años libros en gallego al bibliobús de El Bierzo para suplir esta indecorosa falta. Los museos de la Diputación, caso del de los Pueblos leoneses en Mansilla y del Monasterio de Carracedo, ignoran también la presencia del idioma gallego de El Bierzo.



                La Diputación de León no respeta la toponimia en lengua gallega en la elaboración de señales de tráfico, edición de folletos turísticos, carteles paisajísticos, etc. La utilización de topónimos oficiales no impide, de ninguna manera, el uso de toponimia bilingüe también en gallego de El Bierzo.

                Por todo lo comentado, presentamos queja ante el Procurador del Común sobre esta dinámica antigallega de la Diputación de León. Creemos que el Procurador debe pedir información al respecto para confirmar los hechos aquí denunciados. Seguidamente pedimos la elaboración de un Informe al Procurador para que se inste a la Diputación de León a cambiar esta dinámica antigallega con las debidas modificaciones políticas y administrativas, para cumplir con la legislación lingüística vigente ya comentada. Y por último, que esta queja se recoja en la Memoria anual que presentará ante las Cortes de Castilla y León.

 

Javier Lago Mestre,

Portavoz de Fala Ceibe do Bierzo,


venres, 15 de novembro de 2024

MÁIS PRESENZA DO GALEGO ESTREMEIRO.

 

Libro El Bierzo provincial

MÁIS PRESENZA DO GALEGO ESTREMEIRO,

Por Xabier Lago Mestre,

Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

Sempre que hai mobilizaciois polo galego en Compostela botamos de menos o protagonismo das comunidades falantes estremeiras. Si, deses falantes do Eonavia, O Bierzo, As Portelas e do val de Xalima. Por suposto, non nos referimos á presenza física de veciñanza destas bisbarras tan alonxadas, senón a que nos manifestos vindicativos non hai referencia a estes territorios. Que menos que unha mención ás nosas problemáticas lingüísticas e a colocación simbólica nas tribunas das nosas bandeiras territoriais, a Cruceira no caso do Bierzo.

                Está moi ben a vindeira reivindicación social fronte á diminución de falantes na Comunidade autónoma da Galiza, contra a falta de obxetividade da TVG, a demanda doutra lexislación lingüística alternativa ou as queixas pola falta de atención en galego ante as administraciois públicas. Como non pode ser doutro xeito, dende as bisbarras estremeiras apoiamos todos eses puntos dos manifestos. Agora ben, hoxe coma tantas veces antes, dicimos que falta a lóxica mención da problemática das ditas zonas lindeiras coa Galiza. Merecemos outro trato social e institucional pola defesa que facemos acotío da lingua galega. Ben sabedes da resistencia mediática que hai hoxe por parte da comunidade do Eonavia ante a presión asturianista que nega a presenza do galego.



                Por suposto, neste caso imos referirnos á problemática do Bierzo. Territorio onde sufrimos os ataques do leonesismo político que non admite a existencia histórica do galego, nin agora o medre paseniño desta lingua na súa provincia. Outro tanto acontece coas instituciois foráneas. A Junta de Castela e León fai unha política de mínimos polo galego, sen conceder a coficialidade, nin presenza na televisión autonómica, nin nas administraciois locais. Pola outra banda, a Deputación de León non delega a competencia en materia cultural ao Consello comarcal berciano, no que se refire á promoción do galego, e Universidade de León ignora o noso galego mentres apoia a súa lingua leonesa nas súas atividades académicas.

                A resistencia berciana polo galego vén de lonxe e tamén hai vitorias. Recordamos o recoñecemento expreso do galego no Estatuto de autonomía de Castela e León (ano 1999) e na Lei da Comarca do Bierzo (1991), iso si, os políticos de Valladolid negaron sempre a coficialidade. Tampouco as Cortes conceden aprobar unha Lei de linguas minoritarias de Castela e León para o galego, leonés e eusquera. Por mor dun protocolo interinstitucional, Xunta de Galicia e Junta de Castela e León, podemos estudar galego de xeito voluntario nalgúns colexios do Bierzo e Seabra, mentres nos negan aínda ese ensino noutros centros de zonas galegofalantes. Por suposto, non se entende que non haxa xa un protocolo semellante para que se poida utilizar o galego, de xeito parcial, nas administraciois locais (concellos e pedanías).



                Apesar de todo, o galego medra no Bierzo. Só hai que ver as reacióis negativas do leonesismo, político e cultural, cando se menciona a presenza desta lingua, obxeto de acusaciois de colonialismo alleo e execución forzada, xa que para León cuestiona a unidade territorial e cultural da súa provincia histórica. E medra o galego cando segue tendo demanda nos centros escolares do Bierzo, curso tras curso. Outro tanto acontece coa criticada RTVG, que ten audiencia abonda no Bierzo, coma medio de transmisión cultural chave.

                A defesa do galego no Bierzo está moi viva. Regularmente xorden comunicados vindicativos nos medios de información, provinciais e comarcais. Algúns dixitais xa permiten o uso escrito do galego de xeito regular. Máis común é a presenza do galego nas redes sociais en grupos relacionados co Bierzo. Todo o comentado permite un maior prestixio progresivo do galego, con novas dinámicas sociais, entre os vellos falantes (tradición familiar), atrainte para os neofalantes (bilingüismo) e cun menor rexeito polos castelaofalantes (ausencia de ameazas).



                Convén que na Galiza saiban máis da problemática cultural dos territorios estremeiros. Porque se pode facer máis polo noso galego dende fóra. A colaboración interinstitucional debe potenciarse nas materias de ensino, administraciois locais, RTVG, turismo, estradas rurais veciñais, toponimia, etc. A verdade é que as universidades galegas poden facer outro tanto polo galego estremeiro se comprometen ás universidades de León e Oviedo en proxetos educativos e de investigación. En materia turística, hai zonas naturais que se deben promocionar de xeito conxunto, Deputaciois galegas e Consello comarcal berciano, casos dos Ancares, Enciña da Lastra, explotaciois auríferas do Sil, Camiño de inverno, etc. Botamos en falta unha maior atención informativa na TVG, sabedores da importancia que este medio ten na normalización lingüística, por iso demandamos a colaboaciois das televisiois rexionais veciñais. Outro tanto cabe pedir aos medios dixitais de Galiza para que teñan máis en conta ás comunidades estremeiras nas súas informaciois.

                As ditas minorías lingüísticas galegas non poden ser abandonadas á nosa sorte. Non queremos sentirnos máis alonxadas da Galiza apesar dos lindeiros políticos que nos afastan. Resistimos porque somos sufridores históricamente fronte tanta desfeita foránea, mais tamén otimistas coas novas xeraciois, por iso berraremos sempre “os tempos son chegados”.

www.obierzoceibe.blogspot.com