AS RELACIOIS LINGÜÍSTICAS DE PODER,
Por Xabier Lago Mestre.
Todos estamos baixo a influenza das variadas relaciones de poder, sexan políticas, económicas, culturales, relixiosas, etc. Por suposto, as linguas, coma principal medio de comunicación humana, non quedan fóra do influxo dos diversos poderes. Podemos ter una lingua materna mais podes verte obrigado a non falala por presiois foráneas. Os bercianos galegofalantes tiveron que falar castelao para comunicarse cos novos oficiais da Coroa, chegados de Castela, a fines del século XV tras la derrota del conde de Lemos. Hoxe hai que saber o idioma inglés para ter acceso a información internacional, o a meirande parte de internet. Podemos decir que hai una xerarquización lingüística a nivel mundial segundo o número de falantes, casos do inglés, chines, indi, español, etc.
As grandes maiorías lingüísticas fixan as condiciois de comunicación, e as minorías culturalis teñen grandes dificultades para existir cando non se recoñecen os seus dereitos lingüísticos. Este es el caso del galego del Bierzo. Resulta que unos políticos que gobernan dende Valladolid condicionan la existencia de dos galegofalantes do Bierzo. Por suposto aquellos no reconocen os nosos dereitos lingüísticos na Comunidade autónoma de Castela e León. Isto é unha ultraxe porque os cidadaos de Galicia sí teñen dereitos bilingües, mientras que os bercianos que falamos o mesmo galego non. Para fundamentar esta diferencia de trato, los políticos de Castela fijaron una frontera artificial, en el puerto de Pedrafita do Cebreiro, que afasta una mesma comunidade lingüística histórica.
En que cabeza cabe que o noso galego, que ten recoñecemento expreso no Estatuto de Castela e León (art. 5.3), siga sen admitir os nosos dereitos lingüísticos, individuais e coletivos. Si, podemos estudiar galego no Bierzo nos centros escolares, agora ben, que pasa co uso administrativo no Consello comarcal, concellos e pedanías. Por suposto, non se pode utilizar o galego nas Cortes autonómicas, nin na Deputación de León, nin no campus universitario de Ponferrada. Eiquí hai muitos vetos ao galego do Bierzo. Xa se sabe, a mayoría política castelá manda e pasa da defensa e fomento do galego. El contenido de la Carta europea de lenguas rexionais y minoritarias está incumplido año tras año polos políticos castelaos.
Pola outra banda, recordamos cando o leonesismo atacada calquera iniciativa berciana a prol do galego (ensino, bilingüismo, rotulación toponímica, etc). O relato político leonesista non para de acusar de invasión galeguista, imposición normativa, destrucción das falas leonesas, etc.
Curioso que muitos leoneses que atacan o galego, non falan para nada o leonés, trátase máis ben de defender a unidade territorial da su provincia que consideran ameazada polos chamados foráneos galeguistas. Por supuesto, esta división das minorías veciñas sae beneficiada a la mayoría castelá que pasa por la resolución de esta problemática lingüística. Así non hai interese político de aprobar nas Cortes rexionais a necesaria Lei de linguas de Castela e León.
Además de políticos y leonesistas antigalegos existen intelectuales que se resisten a la promoción del galego do Bierzo. Este es el caso de ciertos investigadores que pescudan nas culturas rurales. Conocemos dos estudios de la etnógrafa Concha Casado sobre Cabreira y el filólogo Valentín García Yebra sobre Ancares. Pois ben, esos persoeiros no querían que se alterase o seu obxeto de estudo, como falas locais. Polo tanto vían un perigo nos intentos de normalizar e normativizar a linguas rexionais, por iso provocan esas forzadas divisiois locais en falas, variantes, dialetos, etc.
Os galegofalantes do Bierzo temos que luitar acotío contra dos que din que eiquí non hai unidade. Todo es válido para dividir, por iso existe o su dialeto berciano, tamén esos galegoleonés, ademáis dos valegos (ancarés, fornelo e cabreirés), e incluso as falas máis locais, bañes (A Baña) e torenés. Y para otros, todo está tan mesturado sen xeito que hai que denominalo chapurreao e punto final. Ante estos intentos de confusión xeral, hai que engadir a concienciación lingüística fundamental. Os galegofalantes sabemos ben o que falamos, o idioma galego. Que somos nosoutros, o bercianos, os que temos que denominamos nosa lingua, e non os políticos, filólogos o inteletuais foráneos á nosa realidade cultural. Porque falamos o que nos peta e como nos dá a gana.
Finalmente sentenciamos que as grandes linguas teñen evolucionado siempre. Un ejemplo, ¿Miguel de Cervantes podría entender el idioma español de hoxe? Apostamos a que non. ¿Resulta igual o inglés de Inglaterra que o da India? Cantas diferenzas hai entre o castelao de Castela eo español de Hispanoamérica?. Estas grandes lenguas están normativizadas y normalizadas coa axuda dos grandes poderes políticos, económicos y culturales que procuran adoptar como unificaciois actuales. Sen embargo o galego do Bierzo é criticado por pretender vincallos lingüísticos con Galicia y Portugal, cos cales compartimos idioma histórico común. Todo é válido para dividir as minorías lingüísticas que son cualificadas de perigosas para as maiorías culturalis.
O Bierzo, xaneiro de 2025
Ningún comentario:
Publicar un comentario