INFORMACIÓN SOBRE NUESTRA REGIÓN DE EL BIERZO: HISTORIA, PROVINCIALISMO,DESCENTRALIZACIÓN, TRADICIONES, LENGUAS, PEDANÍAS, COSTUMBRES, ETC.
sábado, 28 de maio de 2016
REFRAIS DOS MESES DE ABRIL E MAIO NA REXIÓN DO BIERZO.
REFRANEIRO DO MES DE ABRIL,
por Xabier Lago Mestre,
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo,
www.bierzofree.blogspot.com
falaceibe@yahoo.es
"En abril augas mil, pero que caiban todas nun barril” (pola xusta caída de augas).
“Se queres ovellas mil, rapa en abril; se queres ovellas catro, rapa en marzo”.
“Cando entra o sol en Aries, crecen os días e múdanse os aires”.
“En abril augas mil” (O Bierzo é un país moi chuvioso).
"As chuvias de abril e maio son as mellores do ano".
“Choiva para vos todo o ano, e para min en abril e maio” (malos desexos para os demais).
“Entroido o sol, Pascua o tizón”.
"Abril rematado, inverno ido".
"Abril frío, pan e viño" (mes bo para as colleitas posteriores).
CONSELLOS AGROGANDEIROS DO MES DE ABRIL:
“Polo san Xorxe (23 de abril), nin na terra nin no pote” (polos garabanzos, segundo Fernando Bello Garnelo).
"En marzo, podar e cavar, se queres colleitar".
"Abril renegril, mete o gocho no seu cubil, o ovella no seu cortello e o boi no seu carril".
"Os garabanzos por S. Marcos (25 abril) nin nacidos nin no saco"
“Se queres ter bon millo, por San Marcos (28 de abril) nin nacido nin no saco.
REFRÁIS SOBRE ANIMAIS.
“O que queira ovellas mil, rapeas no mes de abril”
“Se o cuco canta o vinte de abril, é que está enfermo ou vai morrer”.
"Abril ten cara de beato e uñas de gato" (pola variación do tempo climatolóxico)
“Mañás de abril, deixa de máis durmir” (polas mañás de moita chuvia).
"Abril e maio son as chaves de todo o ano".
“Pascuas marcíais, fames e mortandades”.
“En abril, espigas mil”.
"Se trona en abril, o viño non cabe non barril".
"Arboriños que estades en flor, librádeos da Encarnación (25 de abril) polo frío".
REFRAIS DO MES DE MAIO OU DA CRUZ:
AO ABEIRO DOS SANTOS DO MES:
"Se chove pola Ascensión (14 de maio), corenta días de chuvia son"
“Polo San Matías (14 de maio), igualan as noites cos días”.
“Maio pardo e San Xoán (xuño) claro”.
"Se vai bon tempo nas festas de Catroventos (polo 1 de maio neste barrio de Ponferrada), as de Flores do Sil están chafadas (na seguinte fin de semana polo mal tempo)".
“Pola Cruz, a viña reluce” (A Cruz son os primeiros de maio).
"En maio medra o tallo" (Encinedo).
"Polo S. Matías (14 de maio) anda co antroido ás porfías" (competencia sobre quen é antes).
OS TROCOS DE TEMPO EN MAIO.
“Chova en maio, anque non chova en todo o ano”.
"Días de maio, días do diaño, non dan para facer un pote de caldo".
“En maio, queima a vella o tallo” (porque aínda hai días de moita friaxe).
"En maio, queima a vella o saio" (El habla de Toreno, de Fco. Glez Glez).
“Xaneiro xiabreiro, febreiro muriceiro, marzo airoso e abril chuvioso, sacan o maio frorido e fermoso”.
“Maio pardo e San Xoán claro, sinal de bo ano” .
"Ceo ovellado, solo mollado" (en Teixeira, pola ameaza de chuvias"
“Maio granaio, xuño segaio e xullo maiaio” (referencias mensuais ao gran, á sega e á maia).
"Cando marzo maiea, maio marcea".
"No mes de maio, mes da maldición, a penas sae o sol xa se pon".
"Non quites a roupa ata a Ascensión (14 de maio), e despois quite e pon" (S. Castelao Diñeiro).
OS CONSELLOS AGROGANDEIROS DE MAIO.
"Chuvia pola Ascensión (14 de maio), nin boa faba nin bo melón".
"Se chove pola Ascensión, o trigo criará morrión".
"Auga de maio, pan para todo o ano".
"En maio come a vella cereixas ó lume"
"En maio, millo sementado, cal enxoito cal mollado"
"En maio o garabanzal, nin nado nin por sementar".
"Maio, foz en man, xullo, foz no puño" (Toreno do Bierzo).
"Pasa maio, polo pan, que detrás ven s. Xoán, e logo Sta. Marina e hai que coller a fariña".
"Maio hortelano, moita palla e pouco grano"
“Corre maio polo pan, e detrás vén S. Xoán, e detrás Santa Mariña para segar a gabeliña”
"Polo s. Bernardino (20 maio) quen cavou cavou" (remata o tempo das cavas agrarias)
“o que queira boa coiña, sembrea no menguante de Santa Mariña” (18 de maio)
"Ata pasado S. Xermán (28 de maio) non digasque teñes nin viño nin pan" (polos tempos loucos maio)
“En maio, na corte trema o cabalo” (recolla de Fernando Bello Garnelo)
“Mes de maio, mes de maio; cando fai calor, a cebada está granada, o centeo anda en flor”
"Perexil de maio, perexil para todo o ano" (tempos de perexil).
O BIERZO, MAIO DE 2016.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario