INFORMACIÓN SOBRE NUESTRA REGIÓN DE EL BIERZO: HISTORIA, PROVINCIALISMO,DESCENTRALIZACIÓN, TRADICIONES, LENGUAS, PEDANÍAS, COSTUMBRES, ETC.
mércores, 18 de maio de 2016
CONCELLO DA VEIGA DE VALCARCE. RELACIÓN DE PEDANÍAS E LOCALIDADES.
RELACIÓN DE PEDANÍAS E LOCALIDADES DA REXIÓN DO BIERZO:
CONCELLO DA VEIGA DE VALCARCE (P=pedanías).
por Xabier Lago Mestre,
Coletivo Fala Ceibe do Bierzo
falaceibe@yahoo.es
P. ARXENTEIRO-A TREITA. O censo fiscal do Vecindario de Ensenada (do ano 1759) ofrece información sobre a tributación conxunta destas dúas aldeas, na Meirindade de Valcarce, na provincia do Bierzo. A TREITA, primeiro censo en 1920. O Censo fiscal de 1591 une A Faba, Lagua, Argenteiro, A Cernada, Valdas, Comunas, S Pedro de Nogal, Argelas, Treita e Rubiais a nivel tributario con 59 veciños.
P. A BRAÑA. Ransinde e A Braña celebran a festa da Nosa Sra. (15 agosto). No Vecindario de Ensenada (1759) xorden tributando xuntos Rasinde e A Braña.
P. RANSINDE. Nos censos fiscais do marquesado de Vilafranca do Bierzo (anos 1521 e 1530) xorde con 1 e 16 veciños respetivamente. Posúe a igrexa da Nosa Señora.
P. O CASTRO-LABALLÓS. O Catro posúe a igrexa da Virxe do Rosario. O Vecindario de Ensenada (1759) indica que estas dúas localidades tributaban xuntas dentro da Meirindade de Valcarce, na provincia do Bierzo.
P. A LAGUNA-A CERNADA. Nos censos fiscais do marquesado de Vilafranca do ano 1510, A Laguna consta con 4 veciños e 3 veciños respetivamente. A LAGUNA é unha aldea con tres horreos. O censo fiscal de 1591 une A Faba, Lagua, Argenteiro, A Cernada, Valdas Comunas, S. Pedro de Nogal, Barxelas, Treita e Rubiais a nivel tributario con 59 veciños. No censo fiscal do marquesado de Vilafranca (ano 1510 e 1521) A Cernada xorde con 2 e 4 veciños respetivamente.
P. SANTO TIRSO-LAMAS. Patrón S. Tirso. Nos censos fiscais do marquesado de Vilafranca (anos 1521 e 1530) xorde Santo Tirso con 8 e 3 veciños respetivamente.
P. A FABA-BARXELAS. Festa en honra de S. Andrés (30 de novembro).Posúe a igrexa de San Martín. A Faba e mailos barrios tributaban conxuntamente no Vecindario de Ensenada (1759). O Censo fiscal de 1591 une A Faba, Lagua, Argenteiro, A Cernada, Valdas, Comunas, S Pedro de Nogal, Argelas, Treita e Rubiais a nivel tributario con 59 veciños. Nos censos fiscais do marquesado de Vilafranca (anos 1510 e 1521) Barxelas tivo 3 e 1 veciños.
AMBASMESTAS. Festa da Virxe do Carme (16 de xullo). No censo fiscal de 1591 aparece con 20 veciños.
P. VEIGA DE VALCARCE.Festa de Madalena ( 1 domingo de agosto), s. Roque (16 de agosto), No censo fiscal do marquesado de Vilafranca (ano 1521) xorde con 9 veciños.
P. RUITELÁN.Ermita de S. Esteban. Festasde S. Xoán (24 de xuño) e S. Froilán (outubro). O Vecindario de Ensenada (1759) informa que Ruitelán e Samprón tributan xuntos.
P. FERRARÍAS DE VALCARCE. Festas de Santiago (25 de xullo) e Santa Ana (26 de xullo). Posúe a igrexa de X. Xulián. O Vecindario de Ensenada (1759) indica que San Xulián e O Hospital son dos barrios de Ferrarías.
P. SOUTOGAIOSO. Ermida de S. Miguel.
P. MOÑÓN. No censo fiscal de 1591 xorden xuntos Moñón, Valverde e Ambascasas con 20 veciños. No censo fiscal de 1510 do marquesado de Vilafranca ten 10 veciños.
P. VILASINDE. Festa de Santa Lucía (terceira semana de agosto). No censo fiscal de 1591 xorde con 29 veciños. No censo fiscal do marquesado de Vilafranca (1510) ten Vilasinde 12 veciños.
P. SAMPRÓN. No Censo fiscal de veciños de 1591 Samprón e Ruitelán tributaban xuntos. Nos censos fiscais do marquesado de Vilafranca (anos 1521 e 1530) aparece con 8 e 7 veciños respetivamente. Posúe a capela de S. Esteban.
P. SAN XULIÁN. Ermita de S. Xulián (7 de xaneiro, traslado a 2 semana de maio e logo a agosto). Ten os barrios de OUTEIRO E LINDOSO. Nos censos fiscais do marquesado de Vilafranca (anos 1510, 1521 e 1530) San Xulián xorde con 7, 6 e 17 veciños respetivamente.
P. BARXELAS, O Censo fiscal de 1591 une A Faba, Lagua, Argenteiro, A Cernada, Valdas, Comunas, S Pedro de Nogal, Barxelas, Treita e Rubiais a nivel tributario con 59 veciños. Nos censos fiscais do marquesado de Vilafranca (anos 1510 e 1521) aparece con 3 e 1 veciños.
SAN PEDRO NOGAL. O Censo fiscal de 1591 une A Faba, Lagua, Argenteiro, A Cernada, Valdas, Comunas, S. Pedro de Nogal, Baxgelas, Treita e Rubiais a nivel tributario con 59 veciños.
P. LABALLÓS, barrio de AS LAMAS , O CASTRO E SAN TIRSO. Pertence á parroquia de O Castro (Semanario Bierzo 7, xuño 1998). Nos censos fiscais do marquesado de Vilafranca (anos 1510, 1521 e 1530) xorde Laballós con 5, 6 e 7 veciños respetivamente.
P. LINDOSO. No Censo fiscal de 1591 xorde como unidade tributaria con 17 viciños. No censo fiscal do marquesado de Vilafranca (ano 1510) ten 5 veciños e 1 viúva.
O HOSPITAL. Barrio das Ferrarías. Nos censos fiscais do marquesado de Vilafranca dos anos 1510 e 1521 aparece O Hospital con 5 e 3 veciños respetivamente.
DESPOBOADOS. Farosito (en Ransinde). No censo fiscal do marquesado de Vilafranca do Bierzo (ano 1510) xorden Baldas Comunas con 2 veciños, San Pedro de Nogal con 4 veciños e A Ponte con 4 vecinos. No censo fiscal do marquesado de Vilafranca do ano 1521 aparece O Hospital con 3 veciños e Baldas Comunas con 1 veciño. Nos censos fiscais do marquesado de Vilafranca (anos 1510, 1521 e 1530) xorde localidade de A Ponte con 4, 3 e 4 veciños respetivamente.
(Luís Pastrana, Despoblados leoneses, Caja España, 1992,
Alfonso Franco Silva: "El señorío de Villafranca del Bierzo (siglos XIV Y XV)", en Boletín de la Real Academia de la Historia,
O BIERZO, MAIO DE 2016.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario